Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Inglesa e os seus Usos 1
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Lingua Inglesa 1/613G03003
Lingua Inglesa 2/613G03008
Lingua Inglesa 3/613G03015
Lingua Inglesa 4/613G03019

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

NOTA IMPORTANTE:

  • Ambos os dous libros de texto (indicados en Bibliografía Básica de Fontes de Información) son imprescindibles para o traballo de clase e para o estudo individual.
  • A asistencia a todas as clases é necesaria para seguir o ritmo de aprendizaxe e perfeccionamento.

Recoméndase a asistencia e participación en clase, para estar ao día no estudo, e a realización de todas as tarefas asignadas dentro dos prazos indicados.

. A asistencia á clase facilita unha mellor comprensión da materia, adquisición de competencias en grupos e individual, aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa. Cabe recordar que a UDC é unha universidade presencial, e nesta materia a asistencia a un mínimo do 80% das sesións das clases é obrigatoria. Nos casos considerados na normativa da Universidade, os alumnos con matrícula a tempo parcial poderán solicitar a exención de asistencia á clase.

. As datas para a realización das probas orais anunciaranse con antelación abondo, e poñeranse en Moodle. Recoméndase consultar os avisos postos nesta plataforma virtual con asiduidade.

. Non asistir á proba oral na data anunciada supón perder a primeira oportunidade para esta parte da avaliación. Polo tanto, ao alumno só lle quedará a oportunidade de xullo para realizala.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes