Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Cultura e Civilización dos Países de Fala Inglesa
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Presentación oral Por parellas os alumnos realizarán un pequeno traballo de investigación, que se grabará en DVD e se entregará, xunto con unha versión en papel. A temática poderase elixir de entre un listado de temas relacionados co programa. Débense incluír datos completos de fontes bibliográficas e electrónicas consultadas. O plaxio (que inclúe copiar e pegar) non se tolerará. Data de entrega: 10 de xaneiro 2014. 30
Proba mixta Proba escrita: respostas breves; redacción de pequenos comentarios; identificación de elementos significativos. 50
Prácticas a través de TIC Acceso a materiais e fontes a través de Internet. Estudo e avaliación crítica. Algunhas tarefas realizadas entregaranse para a súa cualificación. 20
 
Observacións avaliación

 


  • Para aprobar a materia é necesario conseguir un 5 sobre 10 en cada apartado da avaliación.  
  • A segunda oportunidade de xullo basearase na repetición de la(s) parte(s) da avaliación que non se superaron, conservando as mesmas porcentaxes.
  • A oportunidade de xullo non é para mellorar nota nas partes da avaliación xa aprobadas; soamente é para recuperar as partes non aprobadas.
  • Proba mixta: data aprobada por Xunta de Facultade para o curso 2013-14 (primeira oportunidade ao finalizar o cuadrimestre). Esta data non é negociable. Polo tanto, os alumnos deben asegurarse de que estean presentes, sobre todo se viaxan fora nas vacacións de Nadal.
  • As datas para a entrega de
    tarefas e a presentación deben respectarse; calquera incidencia que
    impide cumprir cos requisitos debe xustificarse documentalmente.
  • Obterá unha cualificación de
    "non presentado" aquel/a estudante que non se presente á proba escrita
    (a mixta) e que tampouco entregase tarefas ou prácticas equivalentes ou superiores ao 50%. 

  • Aqueles alumnos que oficialmente teñan sido matriculados a tempo parcial, e teñan concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.

  • Trátase dunha materia obrigatoria do 3er
    curso do grao, e polo tanto, o seu horario de clases e as esixencias en
    canto a tarefas teñen preferencia fronte a calquera materia de cuarto
    curso na que o/a estudante estea matriculado/a.
    Obviamente, a primeira obriga
    dun/dunha alumno/a de terceiro curso debería ser asistir ás materias de
    terceiro e cumprir as tarefas esixidas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes