Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Gramática Inglesa
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Lecturas Entrega de recensións ou resumos de lecturas obrigatorias. Poden ser preguntas sobre unha lectura ou un breve cuestionario sobre varias lecturas. 10
Proba de completar Exame de resposta breve, completar ou escoller que se fará aproximadamente a mediados do curso. 25
Presentación oral Resposta a preguntas na aula, intervencións, debates e/ou presentacións breves de traballos. 25
Proba obxectiva Exame final. 40
 
Observacións avaliación

A materia non se poderá superar sin sacar alomenos un 5 en cada unha das probas, de completar e obxectiva.A proba de completar só se realizará unha vez.De non acadar o mínimo para aprobar poderase repetir xunto coa realización da proba obxectiva.
A incorrección lingüística, oral ou escrita, será penalizada na cualificación de todas as actividades avaliables.

O alumno será avaliado sempre e cando acuda ao exame final e teña entregado as actividades correspondentes ao 50% da nota global (proba de completar, presentación oral).De non ser así, a cualificación será a de NON PRESENTADO.

Dentro da mesma convocatoria, os estudantes terán dúas oportunidades
para realizar a proba obxectiva ou exame final: a primeira será ao
rematar o segundo cuatrimestre e a segunda realizarase no mes de
xullo. Na segunda oportunidade o 100% da avaliación distribuirase como segue independentemente de que teñan aprobadas algunha das probas ou a presentación oral: o exame final, que incluirá unha proba de completar, equivalerá ao 50% da nota. O 50% restante avaliarase mediante a realización dun traballo relativo a un dos temas que se especifica no apartado de CONTIDOS.

A asistencia e participación nas aulas equivalerá a un 10% da nota que, por limitacións da aplicación informática, computaráse dentro da presentación oral. Os alumnos con dispensa academica presentarán por escrito un traballo equivalente á presentación oral.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes