Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Poscolonial
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Discusión dirixida A discusión dirixida levarase a cabo en sesións presenciais de carácter práctico e con dinámica de grupo. Valorarase a participación activa de cada estudante no debate ou discusión, ademáis da calidade do resultado. En concreto, o 30% asignado a este apartado divídese en 20% para actividades individuais e grupais desenvolvidas fundamentalmente na clase e 10% para a actitude colaborativa e participativa amosada durante a clase. Aquel(a) estudante que non participe dabondo nas actividades orais ao longo do curso terá que superar probas orais en xuño e/ou xullo (vid. observacións). 30
Proba de ensaio Ademáis de ter realizado as lecturas e de ter atendido ás explicacións do/da docente, neste tipo de actividade o/a estudante amosará o seu grado de comprensión e aproveitamento das devanditas explicacións e lecturas. Na avaliación destas probas escritas, tanto nas recollidas como exercicios de clase ao longo do curso como nas correspondentes aos exames finais (xuño e xullo), terase en conta especialmente a capacidade de reflexión crítica sobre os textos analizados ou os conceptos baixo estudo. Tamén se valorarán as competencias lingüísticas propias do grado, nomeadamente a calidade da expresión escrita. 35
Análise de fontes documentais Neste tipo de actividade o/a estudante amosará o seu grado de comprensión e aproveitamento das lecturas encomendadas, por medio do comentario e análise textual. Terase especialmente en conta a capacidade de reflexión crítica sobre os textos analizados. Tamén se avaliarán as competencias lingüísticas propias do grado, nomeadamente a calidade da expresión escrita en lingua inglesa. 35
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, a suma das distintas probas, traballos e demáis actividades avaliables terá que superar o 5 sobre 10. As probas escritas incluirán os comentarios de texto e probas de ensaio feitas ao longo do cuadrimestre, ademáis dunha proba final (análise textual, preguntas, ensaio) de máis peso na oportunidade de xuño. Para realizar a suma dos distintos aspectos avaliables, o/a estudante deberá acadar alomenos 4 sobre 10 en cada un dos tres apartados de avaliación (40% exercicios escritos ao longo do curso, 30% das probas finais, 30% de actividades e participación). So as/os estudantes que tiveran realizado alomenos un 50% da avaliación continua poderán presentarse ás probas finais de xuño; as/os demáis terán que realizar esas probas en xullo. 

ESTUDANTES CON DISPENSA: Para complementar ás probas de xuño, as/os estudantes matriculados a tempo parcial e con dispensa académica concedida terán dereito a realizar probas escritas semellantes ás realizadas no longo do curso (40%) e terán unha entrevista oral individual coa profesora en sustitución das discusión dirixidas e outras actividades orais (30%). En calquera caso, a/o estudante que teña concedida unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a principio de curso para planificar os axustes necesarios no proceso de aprendizaxe-avaliación.

CUALIFICACIÓN DE "NON PRESENTADO": Aquel(a) alumno/a que non se presente á proba de xuño ou na oportunidade de xullo acadará a cualificación de NP so cando non tivera feito máis do 50% das actividades durante o curso.

AVALIACIÓN XULLO: Os/as estudantes que non teñan acadado un 4 en cada unha en cada un dos tres apartados de avaliación (exercicios escritos ao longo do curso, participación e actividades orais, probas finais de xuño), aínda que a nota media sexa superior a 5, terán que ir á oportunidade de xullo, na que cada estudante terá que demostrar ter acadadas as competencias da materia mediante a superación de probas escritas semellantes ás realizadas no longo do curso (análise textual e ensaio), probas finais segundo o modelo das probas de xuño, e mais unha entrevista ou actividade oral en sustitución das discusión dirixidas, participación en clase e outras actividades.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes