Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  A Literatura Inglesa e a súa Crítica
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Realizacion dun traballo individual que teña que ver con algún aspecto da materia. Un plaxio confirmado supón a non cualificación desta proba. 2 puntos 20
Análise de fontes documentais Comentarios de texto feitos na clase. Se recollerán tres ou catro durante o curso. 1 punto. 10
Proba mixta Proba deseñada para avaliar esta materia nun 50 por cento da nota (5 puntos). Os alumnos/as deberán obter 4 sobre 10 puntos (2 de 5 en realidade) para poder aprobar. 50
Presentación oral Presentación elaborada por un, dous ou tres alumnos /as relacionada co programa da materia. 2 puntos. 20
 
Observacións avaliación
  • Nesta materia valorarase especialmente o coñecemento dos principios básicos de cada escola crítica literaria, e, asemade, a capacidade do alumno para analizar razoadamente, empregando eses coñecementos teóricos básicos, dous textos literarios ingleses. O alumno deberá realizar tamén resumos e reseñas de obras teóricas breves (artigos ou capítulos).
  • A nota final ha de ser igual a 5 para poder aprobar a materia. Os alumnos/as deberán obter 2 sobre 5 puntos no exame. Os alumnos/as que non fagan traballos, exposicións orais ou comentarios de texto non terán notas de evaluación continua, pero poderían aprobar obtendo 5 de 5 puntos no exame de primeira oportunidade, algo que obviamente non é doado.
  • A única lingua empregada en clase, os traballos e os exames será o inglés. As faltas de expresión graves (non de estilo) en lengua inglesa mermarán a nota en calquer actividade. Polo tanto recoméndase ós alumnos/as que se esmeren na redacción e a revisen. Tampouco se permitirán plaxios de fontes escritas ou dixitais nos exames ou traballos. Os alumnos deben adquirir competencia literaria propia en certa medida, ainda que é lóxico,e polo tanto perdoable, que os comentarios e interpretacións do profesor subexistan tras dita competencia.
  • Cando o alumno/a, por circuntancias varias (enfermedade xustificada, dispensa, etc) , non poda facer a presentación oral, sempre poderá entregar un segundo traballo por escrito antes de exame de primeira oportunidade para que a actividade compute entón. 2 puntos sobre 10.Os alumnos/as que asistan e participen durante o curso na evaluación continua non poderán ser considerados como non presentados a partir da realización dun 50% das actividades.
  • Os alumnos a tempo parcial con dispensa deberán falar co profesor durante as duas primeiras semanas para buscar alternativas á evaluación contínua na primeira oportunidade (o 30 % da asignatura faise na clase; un 20% corresponde ó traballo tutelado; o 50% restante ó exame).
  • A avaliación na oportunidade de xullo dividirase do xeito seguinte: 50% exame final + 50% actividades que sustituirán o traballo feito durante a avaliación contínua e que se especificarán ao publicar as notas da primeira oportunidade.
  • Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes