Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Inglesa e os seus Usos 2
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba oral Entrevista individual ou por parellas; preguntas de comprensión; destrezas comunicativas. 25
Proba mixta Compretar distintos tipos de exercicios; discriminar usos e significados; explicar diferencias de uso; transformar oracións. 50
Traballos tutelados Tarefas escritas sobre temas diversos relacionados co que se traballa na aula. Resumos e presentacións. 25
 
Observacións avaliación

  1. Entrega de traballos tutelados
    (tarefas escritas): 25 de outubro, 22 de novembro e 20 de decembro
    2013.
    É necesario entregar todos os traballos especificados polos
    profesores para poder optar a que se sumen o resto das notas. Non serán
    recollidos para a súa avaliación os traballos dos alumnos que non
    asistan polo menos ao 80% das clases interactivas (reading/writing skills); controlarase a asistencia con firma en todas as clases.
  2. Proba mixta: data aprobada pola Xunta de Facultade para o curso 2013-14 (primeira oportunidade ao finalizar o cuatrimestre). Esta data non é negociable.
  3. A segunda oportunidade, en xullo, según o calendario aprobado pola Xunta de Facultade, consistirá en repetir a(s) parte(s) da avaliación non aprobada(s). 
  4. A oportunidade de xullo non é para millorar a nota nas partes da avaliación xa aprobadas; soamente é para recuperar a(s) parte(s) non aprobada(s).
  5. No se pode superar a materia sen aprobar cada unha das partes descritas da avaliación cunha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10.
  6. As datas para a entrega de tarefas e para a realización do examen oral deben respetarse; calquer incidencia que impida cumprir cos requisitos debe xustificarse documentalmente.
  7. Obterá unha cualificación de “Non Presentado” aquel/a estudante que non se presente á proba mixta e/ou que realizara menos do 50% do resto das tarefas da materia.

  8. Aqueles alumnos que oficialmente teñan sido matriculados a tempo parcial, e teñan concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.

    Para mais detalles, véxanse --Recomendacións--.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes