Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Estudos de Lingua Inglesa
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Presentación oral Como complemento do traballo tutelado, neste caso, ademáis dos contidos e a orixinalidade do traballo, valorarase a corrección lingüística e expositiva e o manexo de distintas ferramentas para a exposición oral. 15
Traballos tutelados Valorarase tanto os coñecementos adquiridos como a orixinalidade dos enfoques e das aportacións e a corrección da expresión escrita. 15
Obradoiro Ao longo do curso recolleranse ou avaliaranse na aula exercicios, pequenas actividades ou probas relacionadas co exposto nas sesións maxistrais e traballado nos obradoiros ou en relación coas lecturas recomendadas. Poderanse facer en datas fixadas con antelación ou sen previo aviso. A participación activa nas aulas de DI ou TGR terase en conta tamén na avaliación final deste bloque (5%). 20
Proba mixta Probas parcias ao longo do curso OU proba final que se fará na data oficial marcada pola Facultade. Será obrigatorio facer a proba final se non se superaron as probas parciais durante o curso. 50
 
Observacións avaliación

IMPORTANTE: Para superar a materia, a suma da proba final, o traballo tutelado, a presentación oral e demáis actividades avaliables deberá ser 5
sobre 10, tendo en conta que a cualificación mínima de cada unha das partes (actividades do obradoiro/ traballo tutelado e exposición oral do mesmo/proba mixta) deberá ser de 4 puntos sobre 10.  Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación
final de traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo
sen causa xustificada. Os alumnos/as que non se presenten o día das
probas obxectivas de xuño ou xullo acadarán a cualificación de NP, se
non entregaron máis do 50% de actividades durante o curso.

AVALIACIÓN
XULLO:
Os/as estudantes que non presenten o traballo tutelado, ou que
non teñan acadado un 4 en cada un dos bloques avaliables (aínda que a nota media sexa superior a 5) terán que ir á
oportunidade de xullo, na que cada estudante terá que demostrar ter
acadadas as competencias da materia mediante a entrega dun traballo
escrito e defensa oral do mesmo en sustitución do traballo tutelado, a
superación de actividades escritas semellantes ás avaliadas ao longo do
curso e, finalmente, mediante unha proba mixta sobre os contidos do curso. As instruccións e porcentaxes concretas faranse públicas despois da publicación das cualificacións finais en xuño.

Alumnado con dispensa: O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a principio de curso para planificar, en cada situación concreta e individual, os axustes necesarios na avaliación, no tocante as porcentaxes de "obradoiro", "traballos tutelados" e "presentación oral".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes