Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Galega e Usos
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro Realización de actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais (edición de textos, comentarios etc.). 20
Lecturas Realización de actividades prácticas derivadas das sesións maxistrais (edición de textos, comentarios etc.).
Lectura reflexiva dos materiais bibliográficos indicados polo profesorado.
15
Traballos tutelados Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. 25
Proba mixta Constitúe unha proba con elementos diversos, onde serán valoradas cuestións tales como os contidos, a clareza e rigor expositivo e a calidade expresiva. 40
 
Observacións avaliación

Para superar
a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5
puntos sobre 10. Así mesmo, na proba mixta deberá obter como mínimo 4 puntos
sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliables/instrumentos de
avaliación.

O
alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. Asemade,
todo tipo de actividade ou proba deberá cumprir unhas exixencias mínimas de
corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica,
ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de
deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na
cualificación.

O
alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica deberá realizar e entregar as mesmas probas e
exercicios que o restante; se non puider asistir ás titorías, deberá pórse en
contacto co profesor a través do correo electrónico.

Na segunda
oportunidade, en xullo, o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e
coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior.

A
cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o/a alumno/a
non asistir ao exame (proba mixta) e/ou cando tiver entregado un número
inferior de actividades ao 50%.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes