Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Irlandesa
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Discusión dirixida Avalíase a participación e a asistencia a clase. Aportacións aos debates na aula. Pódense recoller pequenos traballos escritos. 10
Traballos tutelados Avalíanse un traballo longo (7 (minimum)-10 páxinas), en inglés, sobre algún aspecto das lecturas, non visto na clase e diferente para cada un dos alumnos. 20
Presentación oral Presentación oral, en inglés, na aula, dun aspecto concreto da materia, cun forte impacto visual. Traballo individual ou grupal. 20
Proba mixta Proba final de naturaleza teórica e práctica (preguntas breves de teoría sobre todo o curso) e parte práctica con un essay e unha análise textual dos materiais lidos no curso. 50
 
Observacións avaliación

Norma previa. Con carácter xeral, é necesario alcanzar un 4 en calquera das probas para que sexa tida en conta e some co resto. Cando algunha desas probas non alcance a nota especificada recuperarase en xullo, pero a nota media da materia non poderá superar en ningún caso os 4,9 puntos, ata que esa parte da materia sexa recuperada. O resto das cualificacións obtidas serán conservadas até xullo.


Os alumnos que non acudan á proba obxectiva, coñecida aquí como "proba mixta", en calquera das dúas oportunidades, recibirán a calificacion de Non presentado (NP) e/ou aqueles alumnos cuxo traballo de curso (ensaios, presentación oral, etc) represente unha porcentaxe inferior ao 50 %.


A oportunidade de xullo, ou segunda oportunidade, terá certas peculiaridades. Con carácter xeral, constará tamén dunha proba escrita, mixta, como a anterior, con contidos teóricos e prácticos da materia. Esta proba computará o 50% da nota final. O outro 50 % da oportunidade de xullo se obtedná a tavés dos traballos puntuais que se espefificarán no seu momento e que ha de entregar o examinando o mesmo día da celebración da proba mixto ou obxectiva á que faciamos referencia.


Os alumnos matriculados a tempo parcial, que obtivesen unha 'Dispensa académica', deberán contactar cos profesores da materia sempre ao empezar o curso, e, baixo ningún concepto, durante ou ao final do mesmo. Os profesores planificarán en todos eses casos a adaptación curricular para eses alumnos, con referencia tanto ás probas obxectivas como aos traballos que han de entregar ou actividades avaliativas que haxan de levar a cabo. Igualmente estableceranse normas para substituír as porcentaxes daquelas actividades que se deriven da asistencia regular a clase, e que, nestes casos, non poderían realizarse.


Os alumnos que sigan a materia sen dispensa académica ou sen xustificacións documentais concretas que aconsellen a súa menor asistencia ás clases deberán cumprir, polo menos, un 90% das sesións presenciais da materia, agás xustificación puntual médica debidamente documentada, derivada de enfermidade durante o desenvolvemento do curso.


Os ensaios, traballos ou actividades, incluíndo os que se realicen durante o curso e/ou en clase nos que se comprobe e justifique a existencia de plaxio (copia), de fontes calquera, total ou parcial, serán cualificados invariablemente coa cualificación de 0.0 puntos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes