Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Irlandesa
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Literatura Inglesa (Séculos XX e XXI)/613G03040

Materias que continúan o temario
Literatura Inglesa (Séculos XX e XXI)/613G03040

Observacións

Máis aló das clases presenciais, a avaliación fundamental da materia basearase nos traballos de clase e no espazo virtual, a participación e asistencia, e, sobre todo, na producción dun traballo para expoñer oralmente, en inglés. Os traballos poden conter audio, vídeo, etc, a poder ser orixinais. Toda a redacción deberá estar en inglés, e os vídeos, no caso de aparecer en castelán ou galego, deberán ser subtitulados. Finalmente os alumnos deberán facer unha presentación oral (tamén en inglés) do proyecto, durante aproximadamente unha hora. Aportarán unha presentación en PPT, audios e vídeos, handouts, e exercicios posibles de explotación na aula. Os materiais orixinais más relevantes serán solicitados ós alumnos para, co seu permiso, incorporalos á base de materiais da asignatura, e, deste xeito, enriquecela e contribuir ó feedback. Orientacións ao estudo: Lectura de textos literarios e de crítica literaria, consulta de páxinas web, traballos. Desenvolver destrezas para a explicación oral e a fala en publico. Destrezas traductolóxicas. Interpretación de textos literarios. Os alunos disporán de titorías individualizadas, tanto para resolver calquera tipo de dúbida relacionada coa teoría explicada na aula ou coas prácticas realizadas en común, así como para orientar ó aluno na realización dos seus traballos de investigación individual. Os alumnos disporán, asemade, dunha plataforma Moodle para traballar de xeito virtual, propia da materia, que é a plataforma da Universidade. Os alumnos terán que realizar un traballo escrito longo, distinto da presentación, pero nesta caso se trata dun traballo sempre individual, non colectivo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes