Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Idioma Moderno: Italiano
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba oral Avaliarase os coñecementos e competencias relativos ao nivel falado da lingua. 20
Presentación oral Avaliarase tanto a elaboración da presentación, coma o grao de corrección lingüistica acadado a nivel oral e a capacidade para interesar e facer participar ao resto dos compañeiros. 10
Resumo Valorarase o grao de elaboración e corrección lingüisticas. Para poder ser obxecto de avaliación, o traballo deberá presentarse no prazo marcado. 10
Sesión maxistral Valorarase a asistencia ás aulas e a participación activa, segundo a seguinte escala: número de faltas inferior ao 5%, 100% da cualificación; faltas entre o 5 e o 10%, 50% da cualificación; máis do 10% de faltas, 0 puntos. A nota resultante nos dous primeiros casos poderá ser obxecto de matización (ata un 20% á baixa) se a participación do alumno non foi axeitada. 5
Proba mixta Proba escrita con preguntas de diverso tipo para avaliar os coñecementos e as distintas competencias acadadas. 35
Prácticas de laboratorio Valorarase fundamentalmente a comprensión auditiva e a destreza reprodutiva do estudante. 10
Estudo de casos Avaliarase o grao de corrección na entrega de exercicios feitos ou propostos na clase. 10
 
Observacións avaliación

Cabe a posibilidade de que eventualmente se produza algún cambio nas
probas (substitución ou engadido) se durante o curso se programase
algunha actividade non prevista polo momento (conferencia...). Criterios
de avaliación: na primeira oportunidade, para obter o Aprobado será
necesario acadar un mínimo de 4 puntos sobre 10 no conxunto da Proba
mixta e da Proba oral, ademais de realizar como mínimo o 50% das
actividades propostas (Resumo, Estudo de casos, Presentación oral,
Prácticas de laboratorio), nas que se deberá obter unha nota mínima
global de 6. Non se terán en conta as actividades entregadas fóra de
prazo. Considerarase como Non Presentado aquel alumno que non faga o
conxunto das Probas mixta e oral, salvo se realizou o 50% ou máis das
actividades propostas, xa que neste caso será obxecto de avaliación. Na
segunda oportunidade, para obter o Aprobado será necesario completar a
realización de todas as actividades marcadas para o curso,
igualmente coa nota mínima de 6; polo seu propio carácter, as prácticas
de laboratorio e a exposición oral serán substituídas por outra
proba que avalíe as mesmas competencias e destrezas.
Polo que se refire ao conxunto das Probas mixta e oral, deberá obterse
tamén un mínimo de 4 puntos para aprobar. En ningunha das
dúas oportunidades se fará media con puntuación inferior
a 3 nalgunha actividade.

Ao comezo do curso darase un calendario de entrega dos traballos e as diferentes actividades da avaliación.

Os
alumnos con dispensa académica de asistencia e a tempo parcial deberán
presentarse ao comezo do curso para recibir indicacións sobre como
aprobar o exame, e recibir avaliación continua ao longo de todo o curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes