Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Idioma Moderno: Portugués
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva Ao final do cuadrimestre o estudantado deberá realizar unha proba obxectiva de comprensión oral e escrita e de produción escrita (exercicios, elaboración de textos breves), en que se avaliarán os coñecementos adquiridos tanto nas sesións maxistrais como nos grupos intermedios e pequenos. 50
Presentación oral Os/as alumnos/as terán que realizar unha proba oral, orientada á demostración da súa competencia comunicativa en lingua portuguesa. 20
Traballos tutelados Os traballos individuais e grupais (tanto presenciais como non presenciais) encomendados polo profesorado ao longo do curso suporán un 30% da nota final.
Valorarase especialmente a aprendizaxe colaborativa.
30
 
Observacións avaliación

Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final de
actividades se estas foren entregadas fóra de prazo sen
causa xustificada.

Os/as estudantes que non superaren a materia ou que non cumpriren co 50% das actividades obrigatorias exixidas ao londo do cuadrimestre deberán realizar en xullo unha proba de carácter oral e escrito e entregar as actividades non presentadas ou suspensas.

Considerarase non presentado na materia quen non realizar a proba escrita e/ou quen non entregar as catro actividades obrigatorias exixidas polo docente.

O estudantado a tempo parcial e con dispensa académica entregará as actividades obrigatorias nunha data
concertada previamente co/coa profesor/a.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes