Guia docenteCurso
Facultad de Filología
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Idioma Moderno 4: Portugués
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Discusión dirixida As intervencións orais do/da estudante durante as discusións dirixidas (conversa) corresponderanse cun 10% da nota final. 25
Presentación oral Os/as alumnos/as terán que realizar unha proba oral, orientada á demostración da súa competencia comunicativa en lingua portuguesa. 10
Proba obxectiva Ao final do cuadrimestre, o estudantado deberá realizar unha proba obxectiva de comprensión oral e escrita e de produción escrita (exercicios, elaboración de textos breves), en que se avaliarán os coñecementos adquiridos tanto nas sesións maxistrais como nos grupos intermedios e pequenos. 50
Traballos tutelados Os traballos individuais e grupais (tanto presenciais como non presenciais) encomendados polo profesorado ao longo do curso suporán un 30% da nota final.
Valorarase especialmente a aprendizaxe colaborativa.
15
 
Observacións avaliación

Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final de
actividades e traballos se estes foren entregados fóra de prazo sen causa
xustificada.

Os/as estudantes que non superaren a
materia ou que non cumpriren co 50% das actividades obrigatorias exixidas ao longo do
cuadrimestre deberán realizar na convocatoria de xullo unha proba de carácter
oral e escrito.



Considerarase
non presentado na materia quen non realizar a proba escrita e/ou quen non
entregar as catro actividades obrigatorias propostas polo docente.

O estudantado a tempo parcial e con dispensa académica entregará as actividades
obrigatorias nunha data concertada previamente co/coa profesor/a.

Para superar a materia, a cualificación mínima da
proba obxectiva deberá ser de 4 puntos sobre 10.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes