Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Mestrado Universitario en Computación de Altas Prestacións
 Asignaturas
  Computación Científica e Simulación de Altas Prestacións
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de fases de debate
cos estudantes. Todo iso coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a
aprendizaxe. Realizaranse sesións maxistrais sobre gran parte dos contidos do temario,
normalmente como punto de partida para o resto de actividades previstas para cada punto.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase
pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen
que chegar todos os compoñentes do seminario. Nesta materia utilizaranse seminarios para a
aprendizaxe de certos contidos que, sendo básicos para o desenvolvemento de gran parte do temario,
son en certo xeito transversais ou independentes do resto da materia, como visualización
científica.
Prácticas de laboratorio Actividade que permite aos estudantes aprender e afianzar os coñecementos xa adquiridos
mediante a realización de sesións prácticas en computadores. As prácticas realizaranse usando os
recursos computacionales do CESGA e os clusters da USC e UDC.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes