Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Deseño Software
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Dous boletíns de exercicios baseados na programación en Java e na orientación a obxectos. Unha práctica de deseño centrada no uso de principios e patróns de deseño. A nota de prácticas repártese equitativamente entre os dous boletíns e a práctica de deseño

As prácticas son obrigatorias e é necesario obter unha nota mínima de 4 para poder facer media cos outros elementos avaliables. En caso de non chegar á nota mínima implicará que non se poida obter máis dun 4,5 na nota final da materia

Un alumno considerarase presentado á materia se presenta as prácticas da mesma (independentemente de se se presenta ou non á proba obxectiva)
35
Seminario Evaluación continua de actividades propostas ao longo do curso 5
Proba obxectiva Proba escrita realizada ao final do curso sobre contidos teórico-prácticos.

A proba obxectiva é obrigatoria para aprobar a materia e tamén é obrigatorio obter unha nota mínima de 4 para poder facer media cos outros elementos avaliables. En caso de non chegar á nota mínima implicará que non se poida obter máis dun 4,5 na nota final da materia
60
 
Observacións avaliación

Aspectos a ter en conta para a avaliación de segunda oportunidade (Xullo):

  • A nota da proba obxectiva (exame teórico-práctico) gardarase se é igual ou maior que 5 sobre 10.
  • A nota dos seminarios (TGRs) e das prácticas de laboratorio gardarase na segunda oportunidade
  • Existirá a posibilidade de mellorar a nota das prácticas de laboratorio tal e como se indicará na plataforma virtual

Na segunda oportunidade as porcentaxes son iguais e tamén rexen as normas dun mínimo dun 4 en prácticas e proba obxectiva.

Considerarase que un alumno se presenta á segunda oportunidade se volve entregar as prácticas ou se presenta á proba obxectiva.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes