Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Concorrencia e Paralelismo
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Realización de varios exercicios prácticos de concorrencia (bloque de prácticas de concorrencia) e unha serie de exercicios prácticos de paralelismo (bloque de prácticas de paralelismo). Cada bloque de prácticas representa a metade da nota máxima de prácticas de laboratorio.

Inda que a realización das prácticas pode ser por parellas a súa avaliación é individual.

É condición necesaria (pero non suficiente) para aprobar a asignatura obter como mínimo o 50% da puntuación máxima de cada un dos dous bloques de prácticas de laboratorio.

En caso de NON SUPERAR calquera bloque de prácticas non será posible superar a materia en xuño. En caso de que o alumno se presente ao exame de maio a súa calificación en actas será SUSPENSO. Se non se presenta a súa calificación será NON PRESENTADO.


30
Proba mixta Proba sobre os contidos presentados na docencia expositiva e desenvolvidos nas sesións de laboratorio e nas titorías grupais. Estará dividida en dous bloques: concorrencia (temas 1 e 2) e paralelismo (temas 3 e 4), sendo cada bloque a metade da nota máxima da proba mixta.

É condición necesaria (pero non suficiente) para aprobar obter como mínimo o 30% da puntuación máxima de cada un dos dous bloques, así como obter un mínimo do 40% da puntuación máxima da proba mixta.
70
 
Observacións avaliación

É condición necesaria (pero non suficiente) para aprobar obter unha
cualificación global, aplicando as ponderacións da proba obxectiva e das
prácticas de laboratorio, igual ou superior ao 50%. En caso de obter
unha cualificación global igual ou superior ao 50% pero non cumplir con
algunha das condicións necesarias a cualificación final será un Suspenso (4.5).

O mecanismo de recuperación que se habilita é exclusivamente a repetición da proba mixta (70% da cualificación global da asignatura), requeríndose de novo como  mínimo o 30% da puntuación máxima de cada un dos dous
bloques, así como obter un mínimo do 40% da puntuación máxima da proba
mixta. En caso ter obtido como mínimo o 50% da nota dun bloque no exame de maio conservarase esa nota se o alumno non contesta a ese bloque no exame de recuperación de xullo.

A cualificación de prácticas de laboratorio (30% da cualificación global da asignatura) obtida na convocatoria ordinaria consérvase para a recuperación. Non é posible recuperar/mellorar para xullo a nota de prácticas de laboratorio xa que é unha nota obtida en avaliación continua.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes