Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Redes Móbiles e Sen Fíos
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Os conceptos teóricos expostos nas clases maxistrais e a capacidade do alumno para a solución de problemas vanse a avaliar na proba mixta final 30
Prácticas a través de TIC A avaliación realizarase mediante o seguimento continuado do traballo do alumno coa entrega das mesmas e a proba obxectiva de prácticas 60
Solución de problemas A avaliación realizarase tendo en conta a participación e a capacidade do alumno para a solución de problemas plantexados polo profesor nas clases de titorías en grupos reducidos 10
 
Observacións avaliación

Esixirase unha nota mínima de 1 punto sobre 3 na proba mixta final.

No caso de non acadar dita nota, a cualificación final do alumno vaise a calcular como a suma da nota obtida nesta proba e o resultado de dividir por dous a suma da nota obtida nas prácticas a través de TIC e nas sesións de titorías en grupo coa solución de problemas.

Na segunda oportunidade avaliaranse soamente os contidos teóricos e de solución de problemas na proba mixta. A nota de prácticas e de solución de problemas nas titorías en grupo será a que
os estudantes acadaran na primeira oportunidade dacordo coa avaliación
continua descrita na guía.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes