Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Integración de Datos
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Para a primeira oportunidade, realizarase durante o curso un seguimento do alumnado con probas ou entregas de exercicios periódicos.

Para superar esta parte, deberán conseguirse 1,2 puntos dos 4 posibles. En caso de non conseguirse, a asignatura estará suspensa, cunha nota numérica nunca superior ó 4,5.

Na segunda oportunidade realizarase unha avaliación por escrito.

Os estudiantes poderan optar á segunda oportunidade só no caso de non superar esta parte na primeira oportunidade. Os criterios de mínimos e a nota máxima coinciden cos da primeira oporturnidade.
40
Proba mixta O exame da asignatura evaluará os seguentes aspectos:

Conceptos da materia: Dominio dos conocementos teóricos e operativos.
Asimilación práctica da materia: Asimilación e comprensión dos conocemeentos operativos e habilidades procedimentais enfatizados na asignatura.

Para superar esta parte deben obterse 1,2 puntos dos 4 posibles. De non conseguilo, a asignatura estará suspensa, e recibirá unha nota numérica non superior ó 4,5.

As condicións da proba mixta son idénticas para a primeira e a segunda oportunidade.
40
Traballos tutelados Avaliarase a calidade final dos traballos, en canto á aplicación dos contidos aprendidos nas aulas e ao coñecemento adquirido a través do traballo persoal.

A data de entrega marcarase durante o curso e non serán aplazables.
Non se esixe un mínimo para esta parte, pero non será recuperable na segunda oportunidade.
20
 
Observacións avaliación
  • Na primeira oportunidade terá cualificación de NON PRESENTADO aquel/a estudante que non realice a proba mixta.
  • Na segunda oportunidade terá cualificación de NON PRESENTADO aquel/a estudante que non opte a recuperar ningunha das partes.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes