Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Administración de Infraestruturas e Sistemas Informáticos
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Proba escrita sobre os conceptos presentados na docencia expositiva. 50
Prácticas de laboratorio Avaliación da realización das prácticas de laboratorio. 50
 
Observacións avaliación

Para aprobar na primeira oportunidade (xuño) é condición necesaria (pero non suficiente) obter un mínimo
dun 40% da nota de prácticas e da nota da proba escrita. No caso de non
cumprir este requisito pero obter unha ponderación de notas superior a 4
a nota final será 4 (Suspenso). Por exemplo, un 8 en prácticas de
laboratorio e un 3 na proba escrita resultará nunha nota ponderada de
5.5 pero en actas figurará 4 (Suspenso).

A recuperación (segunda
oportunidade, xullo) consiste exclusivamente na repetición da proba
escrita, manténdose a nota de prácticas de laboratorio. Neste caso non se
esixirá superar o 40% da nota de prácticas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes