Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Metodoloxías de Desenvolvemento
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva Proba escrita realizada ao final do curso sobre contidos teórico-prácticos.

A proba obxectiva é obrigatoria para aprobar a materia. É obrigatorio obter unha nota mínima de 3,5 sobre 10 para poder facer media cos outros elementos avaliables. En caso de non chegar á nota mínima implicará que non se poida obter máis dun 4,5 na nota final da materia
40
Prácticas de laboratorio Avaliación continua das prácticas propostas ao longo do curso
Entre os aspectos a considerar á hora de valorar as prácticas, atópanse:
- Rigor no acadamento dos obxectivos perseguidos na práctica empregando as técnicas propostas na asignatura.
- Asimilación dos conceptos perseguidos pola práctica.
- Orixinalidade nas propostas acometidas durante a realización da práctica.
- Responsabilidade na entrega das prácticas en tempo e forma, así coma no uso axeitado dos recursos habilitados para esa fin.
- Valoración do traballo en grupo
40
Traballos tutelados Os alumnos deberán realizar un informe que analice e avalíe de forma crítica unha ferramenta de apoio para a implementación dunha metodoloxía.

Os traballos publicaranse na facultade virtual e serán compartidos entre os alumnos para axudarlles na selección de ferramentas software. Potenciarase a realización de traballos en inglés.

Valorarase a calidade do traballo, a expresión, o rigor académico. Valorarase adicionalmente o uso do inglés.
20
 
Observacións avaliación

Aspectos a ter en conta na avaliación da segunda oportunidade de Xullo:

* A nota de prácticas de laboratorio e do traballo tutelado mantense idéntica á obtida na primeira oportunidade, existirá a posibildiade de voltar a entregar o traballo tutelado. Nese caso deberase indicar as diferencias e melloras coa entrega da primeira oportunidade.
* A nota da proba obxectiva só se mantén no caso de que sexa igual ou superior a cinco na primeira oportunidade. No caso de non superar o cinco na primeira oportunidade será obrigatorio repetir a proba obxectiva.

Considerarase que un alumno preséntase á segunda oportunidade se volve entregar o traballo tutelado ou presentase á proba obxectiva.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes