Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | A A |  
Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil
 Asignaturas
  Física aplicada I
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Consistirán basicamente en explicacións teóricas dos distintos apartados do temario. Ademais se contextualizará cada tema dentro das súas posibles aplicacións prácticas durante a vida profesional.
Aprendizaxe colaborativa Realización de exercicios en grupos reducidos, de maneira que os alumnos traballen por separado un determinado subtema e logo mostren os seus avances ao resto de grupos.
Análise de fontes documentais Emprego de bibliografía e traballos de investigación para desenvolver algúns dos temas da materia. Emprego de documentación tanto de autores clásicos con teorías xa plenamente aceptadas como de investigadores actuais con propostas novas en fase de comprobación.
Esquemas Resumo esquemático de principios e fórmulas que se consideran esenciais e que deben ser memorizadas ou arquivadas dalgún modo por resultar ferramentas de traballo imprescindibles para ao alumno e para o futuro traballador.
Prácticas de laboratorio Análise de casos propostos polo profesor ou pola propia actualidade de casos prácticos relacionados co temario.
Lecturas Lectura de estudos clásicos ou novas relacionados co temario. Análise da evolución dos coñecementos acerca dun mesmo tema ao longo do tempo.
Proba mixta Proba que comprende tanto preguntas teóricas breves como exercicios prácticos.
Solución de problemas Resolucións dos problemas propostos na clase
Estudo de casos Algúns traballos serán propostos para que o alumno os analice de acordo con os contidos explicados na clase
Proba oral Proba consistente ben nunha breve exposición dun tema xa explicado en clase ou na extrapolación dos coñecementos adquiridos para a resolución dalgún caso exposto polo profesor.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes