Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | A A |  
Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil
 Asignaturas
  Estruturas Metálicas e Mixtas
   Contidos
Temas Subtemas
1. A Construcción Metálica. O aceiro estrutural. Materiais metálicos. Ventaxas e inconvenientes do aceiro. Normativas. Tipos de perfiles siderúrxicos e características. Procesos básicos de fabricación e montaxe en taller. Ensaios elementais e propiedades: tracción, cargas cíclicas, ensaio de torsión, resiliencia, tensións residuais, efecto da temperatura e proteccións. Clases de aceiros estruturais. Criterios de plastificación. Criterio de esgotamento elástico das normativas.
2. Bases de cálculo Tipos de acciós. Métodos de análise. Modelos de seguridade estrutural determinista, probabilista e semiprobabilista. Método dos estados límite: estados límite últimos e de servizo. Coeficientes de maioración e combinacións de carga, coeficientes parciais de seguridade, efectos de segunda orde e imperfeccións xeométricas, tipos de análise, criterios de clasificación das estruturas de edificación e clasificación das seccións.
3. Pezas rectas en flexión, torsión e tracción/compresión Flexión: flector, cortante, rasante. Tensións por flexión. Tipos de pezas: rango de luces e aplicacións. Tensiós por cortante: seccións abertas e pechadas, CEC. Torsión: torsión uniforme e non uniforme. Alabeo. Torsión mixta, solucións aproximadas. Cálculo de seccións: comprobacións na sección transversal. Pandeo: teoría de Euler. Pandeo por flexión pura, torsión pura e flexo-torsión. Curvas europeas de pandeo. Barras de sección composta.
4. Pandeo lateral e aboladura Pandeo lateral. Pandeo de placas. Aboladura da alma por cortante. Cargas concentradas. Rixidizadores. Cálculo de barras con interacción de esforzos.
5. Elementos de unión Clasificacións e reglas de boa práctica. Rixidez e capacidade de rotación. Parafusos: funcionamento da unión, disposicións construtivas, comprobacións. Soldadura: técnicas de execución, unións a tope e en ángulo, cálculo de tensións, comprobacións. Bases de pilares.
6. Aplicacións en edificación e outros temas Edificación urbana: exemplo de aplicación. Edificación industrial: exemplo de aplicación. Unións de perfiles ocos nas vigas en celosía. Vibracións. Fatiga. Durabilidade. Protección fronte ao incendio. Programas para o deseño de estruturas de aceiro.
7. Estrutura mixta: formigón e aceiro Utilización. Hipóteses básicas. Solicitacións normais (axil e flector) e transversais (cortante, torsión e conexión): métodos de cálculo, análise instantánea e diferida, análise en réxime de fisuración, análises térmicas, seccións mixtas pretensadas (isostático e hiperestático, preconexión e postconexión), diagramas momento-curvatura e de interacción M-N, esforzos cortantes, rasantes, conexións, interacción M-N-V. Métodos de cálculo, predimensionamento e conexións: lineais, non lineais (análise elastoplástica por diagramas momento-curvatura; análise plástica por rótulas), procesos construtivos, imperfeccións e pandeo local, predimensionamento, seccións parciais de formigón, estabilidade en montaxe, disposicións prácticas das unións, conexións (ríxidas, flexibles e deslizantes, análise elástica e en EL).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes