Portafolios do alumno |
Os e as estudantes elaborarán unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas e/ou etiquetadas que conterá os rexistros e materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alunado ao longo do curso, o que permitirá considerar o progreso dos e das estudantes. Nel incluirase o que fai o alunado nas aulas (apontamentos e notas de aula), os traballos realizados na aula e os que se propoñan, a elaboración en Powerpoint dunha apresentación individual dun traballo que se determinará nas sesións aulares, as aprezacións sobre os atendimentos realizados e todas as actuacións e accións realizadas como froito do desenvolvimento aular (resumos, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios do progreso do alunado realizado polo profesor, etc.) |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso dos meios audiovisuais e a introdución dalgunhas perguntas dirixidas cara ao e á estudante coa fin de transmitir coñecimentos e facilitar a aprendizaxe. Estas aulas serán principalmente expositivas, anque se combinarán con actividades que sexan quen de fomentar a participación do e da estudante. |
Traballos tutelados |
Trátase dunha metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos e das estudantes, baixo o atendimento do profesor e en escenarios variados. Está referida prioritariamente cara á aprendizaxe de como facer as cousas, para poder desenvolver o portafolio. Constitúe unha opción baseada na asunción, por parte dos e das estudantes, da responsabilidade da súa propria aprendizaxe. Tal sistema de ensino baséase nunha aprendizaxe independente dos e das estudantes e nun seguimento desta aprendizaxe polo profesor-titor. Os atendimentos serán obrigatorios, alomenos un durante o curso e pasado o ecuador da cadeira. |