Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | A A |  
0 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Módulo Xenérico, Innovación Docente e Iniciación á Investigación Educativa
 Asignaturas
  Didáctica. currículo e organización escolar
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Para avaliar os traballos teranse en conta os seguintes aspectos:

ELABORACIÓN
- Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical.
- Contido: comprensión das ideas básicas, dominio conceptual, uso das fontes traballadas no tratamento dos contidos ao longo do cuadrimestre e relacións entre eles.

EXPOSICIÓN
-Relevancia e organización dos contidos expostos.
- Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes).
- Nivel de comprensión dos contidos básicos.
- Claridade expositiva.
50
Proba mixta A proba mixta consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abirdados ao longo da materia. 50
 
Observacións avaliación

OPCIÓN A

Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de clase (asistencia mínima do 80%):

a) Elaboración e presentación dos traballos en pequeno grupo (50%)

b) Un exame escrito sobre os contidos da materia (50%)

OPCIÓN B

Para o alumnado que non asiste/participa nas actividades de clase (asistencia inferior ao 80%)

a) Elaboración e presentación individual dos traballos (50%)

b) Un exame escrito sobre os contidos da materia (50%)

Observacións:

- Para superar a materia é necesario obter unha puntuación máxima do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados e proba mixta).

- Os traballos tutelados entregaranse e expoñeranse na data que se indique. Para presentarse ao exame é condición indispensable ter presentados os traballos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes