Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Logopedia |
Asignaturas |
Bases didácticas da intervención logopédica |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2013/14 | |||||||||||||
Asignatura | Bases didácticas da intervención logopédica | Código | 652G04008 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | Para avaliar os traballos teranse en conta os seguintes aspectos: ELABORACIÓN: - Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical. - Contido: Comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, uso das fontes traballadas no tratamento dos contidos ao longo do cuadrimestre e relacións entre eles. EXPOSICIÓN: - Relevancia e organización dos contidos expostos. - Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes). - Nivel de comprensión dos contidos básicos. - Claridade expositiva. |
40 |
Proba mixta | A proba mixta consistirá en dar resposta a varias cuestións que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. | 60 |
Observacións avaliación | ||
Opción A. Para o alumnado que asiste/participa nas actividades de clase (asistencia mínima do 80%): a) elaboración e presentación dos traballos en pequeno grupo (40%); b) un exame escrito sobre os contidos da materia (60%). Opción B. Para o alumnado que non asiste/participa nas actividades de clase (asistencia inferior ao 80%): a) elaboración e presentación individual dos traballos (40%); b) un exame escrito sobre os contidos da materia (60%). Observacións - Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados e proba mixta). - O traballo tutelado entregarase e expoñerase na data que se indique. Para presentarse ao exame é condición indispensable ter presentado o traballo. |
|