Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | A A |  
Grao en Enxeñaría Mecánica
 Asignaturas
  MECÁNICA
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva A proba obxectiva consta de dúas partes: teoría (40%) e problemas (60% da nota da proba).
Na parte de teoría valóranse os coñecementos do programa da materia así como a exposición razoada dos desenvolvementos teóricos.
Na parte de problemas valorarase tanto a formulación como o desenvolvemento aplicado ao caso concreto para obter a solución.
A cualificación desta proba na primeira oportunidade será a media de duas probas parciais: a primeira (temas 1-7) na metade do cuadrimestre e a segunda (temas 8-13) ao finalizar o cuadrimestre.
Os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade poderán realizar unha proba final (temas 1-13) no período da segunda oportunidade.
As datas destas probas serán as que figuran no calendario de exames aprobada polo centro.
100
 
Observacións avaliación
<p> Soamente serán cualificados
como NON PRESENTADO os alumnos que non concorran a ningunha das probas
obxectivas.</p><p>Adicionalmente o
profesor poderá establecer a entrega ou presentación oral dalgún traballo de carácter
voluntario que computará de forma positiva na avaliación final, sempre que o
alumno teña obtido na proba obxectiva unha nota igual ou superior a 4.0</p>
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes