Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Asignaturas
  Instalacións de Enerxías Renovables
   Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Solución de problemas
Presentación oral
Descrición
Para resolución de problemas:

Durante todo período de clases, o profesor conta con unhas horas de titoría nas que se resolven cuestiones dos alumnos de forma personalizada.

Os alumnos poderán revisar a corrección dos problemas entregados voluntariamente o profesor de forma individual nas titorías.

Para os traballos tutelados:

O profesor ofertará diferentes traballos (miniproxectos). O alumno tamén poderá propor un determinado miniproxecto ó profesor, quedando no criterio do profesor a aceptación da súa proposta. Para a realización do miniproxecto, recibe do profesor as indicacións e, no seu caso, os medios necesarios.

O traballo debe realizalo o alumno de forma autónoma. No obstante, o profesor está a disposición do alumno para resolver as dubidas que podan xurdir durante a realización do traballo e orientar o alumno na realización do mesmo.

O profesor pode propoñer traballos de maior envergadura que requiran a intervención de mais de un alumno, nese caso o profesor distribuirá determinadas parcelas do traballo a cada alumno que defenderá en exposición oral individual recibindo a cualificación por exposición oral de xeito individual, se ben a nota acadada na feitura do traballo colectivo e única.

Unha vez rematado o prazo de entrega do traballo o profesor asignara unhas determinadas horas para a defensa mediante unha presentación oral e seu remate o alumno respondera a unha quenda de preguntas que o profesor estime facerlle sobre o traballo realizado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes