Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Eléctrica
 Asignaturas
  Transporte de Enerxía Eléctrica
   Competencias do título
Código Competencias da titulación
A6 Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que se poidan suscitar na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e en derivadas parciais; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización.
A10 Coñecementos básicos sobre o uso e programación dos ordenadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación en enxeñaría.
A26 Capacidade para o cálculo e deseño de instalacións eléctricas de baixa e media tensión.
A27 Capacidade para o cálculo e deseño de instalacións eléctricas de alta tensión.
A29 Coñecer os sistemas eléctricos de potencia e as súas aplicacións.
A36 Coñecemento e análise das ineficiencias presentes nos sistemas eléctricos debidas a desfasamentos entre tensión e intensidade, fontes e cargas non senoidais, asimetrías e desequilibrios, e as súas posibles solucións.
A39 Capacidade para calcular e certificar as instalacións, relacionadas coa especialidade, necesarias para o funcionamento dos servizos esenciais de calquera edificio ou actividade.
A44 Coñecer os principios de funcionamento, esquemas e formas de conexión dos aparellos de medida das magnitudes eléctricas, tanto de forma directa como indirectamente.
A45 Capacitar ao alumnado para a realización práctica de montaxes de aparellos de medida e dos seus compoñentes, e para o contraste destes.
B1 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade e razoamento crítico.
B5 Capacidade para empregar as técnicas, habilidades e ferramentas da enxeñaría necesarias para a práctica desta.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes