Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | A A |  
Mestrado Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
 Asignaturas
  Prevención, xestión e auditorías ambientales
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación do programa e guía da materia. Preguntas formuladas polo profesor e debate sobre os intereses, puntos de vista e puntos de partida do alumnado.
Sesión maxistral O profesor exporá oralmente e axudándose de medios audiovisuais os contidos básicos da materia. Realizará perguntas e outras observacións para dirixir a atención do alumno sobre os aspectos chave. Facilitará ao alumno os esquemas, gráficos, táboas, textos e outros materiais que considere oportuno.
Seminario Formulación de problemas teóricos ou practicos e achega de documentación para a súa análise, estudo-debate e conclusións no grupo.
Por tanto, os seminarios concíbense como traballo práctico no que tratar problemas reais ou teóricos.
Análise de fontes documentais Empregarase un artigo científico ou técnico para a presentación dunha cuestión relacionada coa materia. O alumno/a estudará previamente o material, que despois será analizado e debatido no grupo coa participación do do profesor.
Eventos científicos e/ou divulgativos Esta acitividade poderá ser diferente para cada un dos/as alumnos/as, que asistirán ao evento e elaborarán un resumo crítico do mesmo.
Proba obxectiva Consiste nun exame tipo test, con resposta única ou múltiple, que versará sobre os contidos traballados na análise de fontes documentais, seminarios e sesións maxistrais.
Traballos tutelados Realizaranse traballos relacionados con algún dos apartados dos temas do programa. Os pasos a seguir son: selección do tema a proposta do profesor ou do/a alumno/a, identificación preliminar da documentación e da metodoloxía, elaboración dun guión xeral, sesións periódicas co profesor ou correo-e para o seguimento e preparación do informe ou memoria, entrega da memoria final, revisión e, de ser o caso, corrección polo alumno/a.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes