Mestrado Universitario en Ciencias. Tecnoloxías e Xestión Ambiental (plan 2012)
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
2º cuadrimestre
Primeiro
Obrigatoria
18
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Prerrequisitos
Departamento
Ciencias da Navegación e da Terra Química Analítica Química Física e Enxeñaría Química 1 Química Fundamental
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Muniategui Lorenzo, Soledad
Correo electrónico
soledad.muniategui@udc.es
Web
Descrición xeral
O Traballo de Fin de Mestrado consiste na elaboración integral e indivudual, por parte de cada estudante, dun proxecto concreto, baixo a dirección dun ou máis profesores, a elexir de entre unha relación feita pública anualmente.
Esta asignatura posibilita ao alumno a integración dos coñecementos e habilidades de especialización adquiridos durante os seus estudos de Mestrado, con espíritu crítico e autonomía. Asimesmo, permite avaliar a capacidade do alumno para redactar, discutir e defender o propio traballo a un nivel especializado.
Os Temas concretos dos Traballos de Fin de Mestrado daranse a coñecer ao principio do primeiro cuadrimestre de cada curso académico. Serán función dos alumnos matriculados e a dispoñibilidade de profesores para dirixilos, e estarán relacionados cos contidos formativos recibidos, así como as capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante o mestrado.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías