Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Física 2
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valoraranse a asistencia e participación. Poderánse recoller exercicios ou cuestións propostas durante algunha das sesions. 7.5
Prácticas de laboratorio A asistencia e participación nas prácticas é obligatoria, polo que non se pode aprobar a asignatura sen facelas. A nota máxima que é posible acadar con esta metodoloxía é 1,5 puntos e a nota mínima necesaria para superalas é de 0,7. Serán valoradas en base á participación, á entrega de resultados e cuestión plantexadas durante as sesións de prácticas e a unha proba obxectiva que se realizará durante a última sesión. 15
Solución de problemas Valoraranse a asistencia e participación. Ademáis poderanse recoller periódicamente exercicios ou cuestións propostos durante as sesións correspondentes. 7.5
Proba mixta Exame que computa o 70 % da nota final 70
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será preciso obter, tanto na proba como no resto de actividades avaliables, unha nota non inferior ó 4 (sobre 10), e acadar, sumadas as cualificacións de tódalas actividades unha nota mínima de 5 (sobre 10). De non alcanzarse a dita puntuación mínima en algunha das actividades avaliables, e no caso de que a nota final fóse maior ou igual a 5 (sobre 10), a materia figurará como suspensa (4,5).

As cualificacións das prácticas de laboratorio e dos seminarios de resolución de problemas conservaranse para a segunda oportunidade de xullo. A cualificación da proba de xullo substituirá á obtida na proba de xuño.

Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en máis dun 25 % das actividades avaliables programadas.

Os alumnos evaluados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo de éstas para o curso correspondente non se cubriu na primeira oportunidade.

Polo que se refire a sucesivos cursos académicos, o proceso de ensinanza-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico, e polo tanto voltaría a comezar cun novo curso, incluidas todas as actividades e procedementos de avaliación que fosen programadas para o dito curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes