Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química 1
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Consistirá nunha proba de conxunto que se celebrará á fin do semestre. Constará tanto de preguntas a desenvolver, como de preguntas tipo test e problemas. Estes serán similares aos plantexados ao longo do curso. O estudantado deberá obter nesta proba un mínimo de 20 puntos (sobre un máximo de 50) para poder superar a materia. 50
Solución de problemas Cualificarase a participación do alumnado nas correspondentes clases de problemas. Tamén se poderán avaliar os boletíns que o alumando terá que entregar antes da clase de problemas, así como algún exercicio breve que se realizará nas mesmas. 20
Obradoiro Cualificarase a participación e o nivel de coñecemento demostrado polo alumnado. A cualificación obtida utilizarase para matizar ao alza a nota final. Esta matización á alza poderá supoñer ata 10 puntos sobre un máximo de 100. 0
Proba obxectiva Periódicamente, realizaranse probas curtas de tipo test ou de resposta breve, de acordo co indicado no apartado de Metodoloxía. Non se informará das datas de realización destas probas obxectivas. 30
 
Observacións avaliación

Para superar a materia o alumnado deberá sumar un mínimo de 50 puntos (sobre un máximo de 100) entre as diferentes actividades avaliables (proba mixta, solución de problemas, obradoiro e proba obxectiva), así como obter unha cualificación mínima de 20 puntos (sobre 50) na proba mixta. De non alcanzarse dita puntuación mínima na proba mixta, no
caso de que a media sexa superior ou igual a 50 puntos (sobre 100) a materia figurará
como suspensa (4.5).

Aínda que as respostas aos test previos ás sesións expositivas non forman parte da avaliación da materia, considéranse unha ferramenta fundamental dentro da metodoloxía docente deseñada. En consecuencia, aqueles membros do alumnado que non resposten a algún test, ou o fagan dunha maneira manifestamente neglixente, non poderán participar de forma activa nas actividades relacionadas e, obviamente, non serán avaliados nelas.

A cualificación da materia baséase na avaliación continuada do rendemento del alumnado; de modo que se considerará que éste preséntase á avaliación se participou activamente nun conxunto de actividades avaliables que representen máis do 20% da cualificación da materia.

Dentro do mesmo contexto de “avaliación continuada”, e de acordo co contido do escrito “Probas de Avaliación e Actas de Cualificación de Grao e Mestrado”, a chamada “segunda oportunidade de xullo” enténdese exclusivamente como unha segunda oportunidade de realización da proba mixta. Polo tanto, nesta oportunidade realizarase de novo a proba mixta e á cualificación obtida nesta sumarase a obtida durante o curso nas outras actividades (clases de solución de problemas, obradoiros e probas obxectivas). As porcentaxes serán as mesmos que na “primeira oportunidade”. O alumnado que sexa avaliado na chamada “segunda oportunidade” só poderá optar á matrícula de honra se o número máximo déstas para o correspondente curso non fora cuberto na súa totalidade na “primeira oportunidade”. No caso de circunstancias moi excepcionais, obxectivables e adecuadamente xustificadas, o Profesor Responsable podería eximir total ou parcialmente a algún membro do alumnado de concorrer ao proceso de avaliación continuada. O alumando que se atopara nesta circunstancia deberá superar un exame específico que non deixe dúbidas sobre a consecución das competencias propias da materia.

Polo que se refire a sucesivos cursos académicos, o proceso de ensinanza-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico, e polo tanto voltaría a comenzar cun novo curso , incluidas todas as actividades e procedementos de avaliación que fosen programados para dito curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes