Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química 2
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Seminario Os estudantes deberán traballar tanto por anticipado como a posteriori os contidos tratados nestas sesións. Ademáis, deberán manter a atención e concentración durante estas sesións.
Terase en conta a participación do alumno nos seminarios e a calidade do traballo desenvolto, así como a súa evolución no tempo.
O traballo do alumno poderase medir tamén mediante cuestións de resposta breve ou problemas realizadas esporádicamente.
10
Prácticas de laboratorio Terase en conta o traballo do alumno no laboratorio, incluindo a planificación dos experimentos, o seu desenvolvemento, a análise crítica dos resultados obtidos, a capacidade de xeneralización e para tirar conclusións, etc. Asemade, valoraranse cualidades como a iniciativa, capacidade de comunicación, etc., así como a calidade do traballo desenvolto.
Os alumnos deberán, segundo as indicacións dos profesores, rexistrar un diario de laboratorio, que entregarán nunha data prefixada. Salvo excepcións xustificadas, non se valorarán os entregados fora de prazo.
20
Proba mixta Cada estudante deberá realizar unha proba na que deberá amosar a súa capacidade para resolver problemas, cuestións conceptuales e o tratamento breve e sintético de determinados temas, facéndoo de xeito independente e nun intervalo de tempo prefixado.
A avaliación terá en conta os coñecementos amosados e a calidade dos resultados obtidos no tempo establecido.
70
 
Observacións avaliación

* A asistencia ás prácticas é requisito imprescindible para superar a materia.


* Para superar a materia será preciso obter na proba mixta unha nota non inferior a 3.0 sobre 10 e acadar, sumadas as cualificacións ponderadas de todas as actividades, unha nota mínima de 5.0 sobre 10.


* Para aqueles alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade, a cualificación da proba mixta de xullo substituirá á obtida na proba obxectiva de xuño no cálculo da nota final.


* Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en máis dun 25% das actividades avaliables programadas.


* Polo que se refire a sucesivos cursos académicos, o proceso de ensinanza-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico, e polo tanto voltaría a comenzar cun novo curso , incluidas todas as actividades e procedementos de avaliación que fosen programados para dito curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes