Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química 3
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Para avaliar a asimilación e progresión do alumno, nas clases en grupo reducido terase en conta a preparación previa, a participación activa e a exposición oral de problemas encomendados asi como as respostas ás cuestións formuladas nas devanditas sesións. Ademais, o profesor citará o alumno de forma individual para poder comentar de xeito máis profundo como avanza o seu proceso de aprendizaxe da materia.
Por outra parte, todos os alumnos poderán consultar ao profesor calquera aspecto da materia no horario de titorías establecido para tal efecto.
15
Prácticas de laboratorio Valorarase a realización dos prelaboratorios, as capacidades e destrezas do alumno na realización do traballo experimental, a súa capacidade para interpretar os resultados obtidos, o caderno de laboratorio, etc. 15
Proba mixta Valorarase a capacidade do alumno de expresar, resumir e desenvolver aspectos teóricos da materia así como a resolución de problemas ou exercicios numéricos. Tamén se valorarán cuestións relacionadas coas prácticas de laboratorio. 70
 
Observacións avaliación

Para superar a materia formúlanse dous requisitos básicos:

- A realización das prácticas e os traballos tutelados é condición necesaria para superar a materia.

-Alcanzar unha cualificación mínima en cada unha das actividades avaliables. Tanto na proba mixta coma nas prácticas e os traballos tutelados esta cualificación mínima non poderá ser inferior a 4 (sobre 10). En calquera caso, para aprobar a materia a suma das notas das diferentes actividades non poderá ser inferior a 5 (sobre 10).

O alumno obterá a cualificación de non presentado cando realice menos do 25% das actividades académicas programadas, e non se presente á proba mixta. As cualificacións das prácticas de laboratorio e dos traballos tutelados poderán conservarse na segunda oportunidade de xullo. A cualificación da proba mixta de xullo substituirá a obtida na proba mixta da oportunidade de xuño. Polo que se refire aos sucesivos cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación continua, refírese a un curso académico e, polo tanto, volvería comezar un novo curso, incluídas todas as actividades e procedementos de avaliación que se programe para o devandito curso.

Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubriu na súa totalidade na primeira oportunidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes