Prácticas de laboratorio |
Sesións de laboratorio: Son sesións de 3 horas de duración que terán lugar no laboratorio. Nelas realizaranse prácticas de procesos básicos e experimentos relacionados coas técnicas fundamentais nun laboratorio químico, ao mesmo tempo que se aprenderá a elaborar un caderno de laboratorio. Cada práctica levará asociado un guión que deberá ser estudado con antelación polos alumnos. Este guión conterá cuestións que incidirán na comprensión dos fundamentos de cada práctica, nos posibles aspectos de perigo, toxicidade e medidas de seguridade, e no análise de resultados e conclusións. |
Traballos tutelados |
Nesta metodoloxía inclúense varios tipos de actividades que se desenvolverán ao longo de todo o semestre:
Sesións de resolución de problemas: Estas sesións celebraranse á finalización das sesións de aula e/ou laboratorio. Nelas os alumnos resolverán cuestións plantexadas nas clases teóricas.
Titorías anteriores as sesións de laboratorio: Nestas titorías avaliarase o grao de comprensión do guión de cada práctica antes da sesión de laboratorio correspondente. Durante algunhas destas titorías poderanse realizar probas de respostas curtas ou test que axuden a comprobar o grao de consecución dos obxectivos.
Sesións de titorías intermedias: Para comprobar e orientar o traballo dos alumnos (preparación previa das prácticas, elaboración do caderno de laboratorio, grao de comprensión dos traballos, etc.) prográmanse varias sesións de titoría que se distribuirán polo medio do período de prácticas.
|