Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química 4
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Avaliación mediante o seguimento continuo do traballo no laboratorio. Avaliarase tamén o caderno de laboratorio. 60
Proba mixta Exame escrito no que se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumno en tódalas actividades realizadas. 30
Traballos tutelados Avaliación do traballo realizado nas distintas actividades asociadas a esta metodoloxía (sesións de resolución de problemas, titorías anteriores ás sesións de laboratorio e titorías intermedias). 10
 
Observacións avaliación

- Esta é unha materia experimental, polo que a asistencia a tódalas actividades presenciais programadas do curso é obrigatoria.

- Para superar a materia será preciso obter en cada unha das partes avaliables un mínimo de 4 (sobre 10) da puntuación máxima posible para esa parte, e acadar sumadas as cualificacións de tódalas actividades avaliables (prácticas de laboratorio, proba mixta e traballos tutelados) un mínimo de 5 (sobre 10).

- En caso de non superar a asignatura na primeira oportunidade, as cualificacións das prácticas de laboratorio e traballos tutelados poderían conservarse na segunda oportunidade de xullo. Non obstante, a cualificación da proba mixta de xullo substituirá a obtida na proba mixta da primeira oportunidade.

- Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en máis dun 25% das prácticas de laboratorio e dos traballos tutelados, nin realizar a proba mixta.

- Dacordo coa normativa académica, os alumnos que sexan avaliados na "segunda oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o curso non se cubriu na súa totalidade na "primeira oportunidade".

- Polo que se refire os sucesivos cursos académicos, o alumno deberá realizar e volver a ser avaliado en tódalas actividades metodolóxicas programadas para dito curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes