Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Física 2
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Examen final con dúas partes, unha de corte teórico (50%) que inclúe preguntas tipo test, de resposta breve e/ou de ensaio, e outra de solución de problemas (50%) na que se avaliará a habilidade na aplicación dos contidos teóricos para a resolución de problemas numéricos. 40
Prácticas de laboratorio A avaliación inclue:
* Aspectos operacionais.
* Confección da libreta de laboratorio.
* Análise crítica dos resultados.
* Informe final das prácticas de laboratorio.
15
Seminario Preparación actividades dos seminarios.
Asistencia e participación activa nos seminarios.
10
Presentación oral Calidade da información contida na presentación.
Habilidades amosadas na presentación.
Capacidade para defende-lo traballo presentado.
10
Prácticas a través de TIC Realización das actividades propostas on-line (remisión de arquivos, participación nos foros, na WIKI, elaboración mapas conceptuais). 5
Simulación Análise crítico dos resultados obtidos nas simulacións. 10
Proba de resposta múltiple Este conxunto de probas, exclusivamente ON-LINE, computará un 10% sempre e cando se realicen nos prazos sinalados. 10
 
Observacións avaliación

Globalmente trátase de avaliar a adquisición dos coñecementos, a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de elaboración, de aplicación e de orixinalidade d@ estudante.


A asistencia á totalidade das prácticas de laboratorio e obrigatoria. Alternativamente pode optarse por un exame práctico relativo as prácticas de laboratorio de 4 horas de duración.


Primeira oportunidade: para que se teñan en conta as outras actividades suxeitas a avaliación é preciso obter unha cualificación mínima de catro (4) sobre dez (10) en cada unha das dúas partes da proba mixta e nas prácticas de laboratorio.



Segunda oportunidade: repetición da proba mixta e das actividades presenciais suxeitas a avaliación nas que non se acadou o aprobado (non se inclúe o relativo os seminarios). Igual que na primeira oportunidade é preciso obter unha cualificación mínima de catro (4) sobre dez (10), nas dúas partes da proba mixta e nas prácticas de laboratorio, para considerar as outras actividades suxeitas a avaliación, e así establecer a cualificación final.


É importante ter presente que en ambas oportunidades para que se teñan en conta as calificaciones nas distintas actividades suxeitas a avaliación é preciso obte-la calificación mínima de 4 como se indicou anteriormente. De non alcanzarse dita puntuación mínima nalguna delas, e no caso de que la media ponderada sexa superior o igual a 5 (sobre 10), a asignatura figurará como suspensa coa cualificación de 4.5.



Debe quedar claramente establecido que a obtención de unha cualificación superior a 4, en cada unha das dúas partes da proba mixta e nas prácticas de laboratorio, non implica o aprobado automático na asignatura. A cualificación final calcúlase de acordo coas porcentaxes anteriormente establecidas.


No caso de que haxa varios estudantes, coa mesma cualificación, que poidan optar á matrícula de honra, se lles convocará a unha proba escrita sempre e cando o número de matrículas sexa inferior o de estudantes na devandita situación. Compre sinalar que @s estudantes avaliados na segunda oportunidade poderán optar á matrícula de honra se o número máximo de éstas non se ten cuberto na súa totalidade na primeira oportunidade.   


Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en máis dun 50 % das actividades avaliables programadas.


Finalmente, polo que atinxe a sucesivos cursos académicos, o proceso de ensinanza-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico, e polo tanto volta a comenzar de cero co novo curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes