Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Inorgánica 4
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A avaliación da parte experimental da asignatura supón un 80% da calificación final. Inclúe:
1. O traballo experimental do alumno, en particular no que se refire á planificación, organización, destreza e seguridade no traballo práctico. Valoraranse tamén os resultados da síntese e caracterización das especies propostas. (20%)
2. Grao de preparación previa de cada práctica e interpretación dos resultados e as conclusións obtidas na mesma. Serán avaliadas mediante entrevista persoal co alumno (35%).
3. Exposición oral na que se presentarán os experimentos desenvolvidos no laboratorio de xeito breve (15%).
4. Caderno de laboratorio e informes de cada unha das prácticas (30%).
80
Traballos tutelados Tanto o grao de preparación previa de cada práctica como a interpretación dos resultados e as conclusións obtidas ns mesma serán avaliadas mediante entrevista persoal co alumno. A súa porcentaxe inclúese no apartado "Prácticas de Laboratorio" 0
Presentación oral Valorarase a análise dos resultados e as conclusións extraídas do traballo experimental que presentará o alumno aos seus compañeiros. Tamén se valorará a súa participación activa nos debates. A súa porcentaxe inclúese no apartado "Prácticas de Laboratorio" 0
Resumo Valorarase o caderno de laboratorio elaborado por cada alumno, así como os informes de cada unha das prácticas realizadas. A súa porcentaxe inclúese no apartado "Prácticas de Laboratorio" 0
Proba mixta Tratarase dunha proba escrita que incluirá cuestións e problemas numéricos relacionados coa materia. 20
 
Observacións avaliación

Esta é unha materia eminentemente experimental, polo que a asistencia a todas as actividades presenciais do curso é obrigatoria.
Primeira oportunidade: A puntuación máxima é de 10 puntos e a superación da materia requirirá a obtención dun mínimo de 5 puntos en total. En cada unha das partes avaliables requerirase obter un mínimo do 40% da puntuación máxima posible para esa parte. Para que se teñan en conta as calificacións das distintas actividades suxeitas a evaluación é  preciso obter a  calificación mínima indicada para cada unha delas. Por tanto, de non  acadarse dita puntuación mínima    nalgunha delas, e no  caso de que a media sexa superior ou  igual a 5 (sobre 10), a asignatura figurará como "suspenso". No momento en que o alumno comence o traballo presencial de prácticas de laboratorio considerarase que escomezou o proceso de avaliación, e por tanto a súa cualificación non poderá ser "non presentado".
Segunda oportunidade: A puntuación máxima é de 10 puntos e a superación da materia requirirá a obtención dun mínimo de 5 puntos en total.  O alumno será avaliado mediante unha proba obxectiva (que computará por un máximo de 2 puntos), e unha proba práctica de laboratorio (que computará por un máximo de 8 puntos). A proba práctica consistirá na preparación e execución dunha práctica de laboratorio seguindo os mesmos criterios detallados no apartado "metodoloxía", coa única salvedade de que a preparación previa non será titorizada. Dada a importancia da preparación previa, se esta se realiza de maneira inadecuada o alumno recibirá a cualificación de suspenso antes de comezar o traballo de laboratorio.
Dende o momento en que o alumno comece a preparación da práctica, ou a realización da proba obxectiva, considérase que decidiu ser avaliado, e por tanto non procede a cualificación de "non presentado".
Os alumnos poderán obter ata un punto adicional sobre a base do seu interese e a participación en distintas actividades (corrección de exercicios, tutorías, ...). Esta cualificación só se sumará a cualificación final no caso de que os alumnos obteñan un mínimo de 4 ptos sobre 10 na mesma. 

Os alumnos evaluados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se esgotasen na primeira oportunidade.

Respecto aos sucesivos cursos académicos, o proceso ensinanza-aprendizaxe, incluída a evaluación, refírese a un curso académico e, polo tanto, volve comezar cun novo curso académico, incluindo todas as actividades e procedementos de evaluación que se programen para dito curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes