Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Orgánica 1
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Proba escrita 70
Seminario A asistencia, participación e realización dos boletíns de problemas terase en conta na avaliación. 5
Prácticas a través de TIC Ter superadas as prácticas é condición necesaria para alcanzar a cualificación de apto.
A asistencia, seguimento e participación nas prácticas contribuirá cun 5% á avaliación.
Na última sesión de prácticas os alumnos expoñerán un problema similar aos resoltos nas prácticas que contribuirá con outro 5% á avaliación.

10
Solución de problemas Avaliarase a calidade das solucións escritas aos problemas encomendados, que deberán entregarse de xeito previo, así como a asistencia e participación na actividade. Durante a presentación oral avaliarase o emprego da nomenclatura axeitada para os compostos e reaccións implicadas, e a claridade e concreción das explicacións e das respostas ás cuestións que se formulen. 15
 
Observacións avaliación

A realización das prácticas é requisito imprescindible para superar a materia. Para superar a materia será preciso obter, tanto na proba mixta coma no resto de actividades avaliables, unha nota non inferior a 4 sobre 10 e conseguir, sumadas as cualificacións de todas as actividades, unha nota mínima de 5 sobre 10. As cualificacións das prácticas, dos seminarios e das clases de solución de problemas conservaranse na segunda oportunidade dun curso académico. Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en máis dun 25% das actividades programadas. Os alumnos avaliados na "segunda oportunidade" só poderán optar a
matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso
non se cubriu na súa totalidade na "primeira oportunidad. Polo que se refire aos sucesivos cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico, e polo tanto volvería comezar cun novo curso, incluídas todas as actividades e procedementos de avaliación que se programe para o devandito curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes