Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Deseño. redacción e xestión de proxectos en Química
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais impartiranse ó grupo completo. Consistirán en leccións expositivas nas que se exporá de forma ordenada o temario da materia. Ó comezo de cada tema exporase claramente o contido e obxectivos principais de dito tema. Asemesmo, ó final do tema farase un breve resumo dos contidos máis salientables. Para facilita-la labor de seguimento por parte do alumno das clases presenciais proporcionaráselle con antelación o material docente utilizado polo profesor. A exposición de cada un dos temas apoiárase en medios audiovisuais.
Solución de problemas Esta clase de metodoloxía ten por obxectivo a de profundizar nalgúns aspectos concretos da materia tratados cun carácter máis xeral nas clases de teoría. Para isto, traballarase na resolución de casos prácticos relacionados co desenvolvemento de proxectos e unidades de proceso, e se introducirá tamén ó estudante na busca bibliográfica específica e na avaliación e discusión da mesma.
Traballos tutelados Os traballos tutelados poden servir para presentar e discuti-los resultados parciais e finais dun estudo que os alumnos en equipos reducidos teran que realizar ó longo do curso. Este proxecto será avaliado como unha actividade de traballo autónomo ou non presencial.
Seminario Nos seminarios, procurarase un apoio ó alumnado nas dúbidas que lle poidan xurdir na planificación do proxecto de química que están a desenvolver.
Proba mixta Realizarase unha proba mixta, que abranguera preguntas teóricas tipo test e exercicios, onde o alumno debe amosa-los seus coñecementos da materia adquiridos ó longo do curso. Esta proba será de modo presencial.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes