Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Deseño. redacción e xestión de proxectos en Química
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral A presencia activa nas sesións maxistrais computará, proporcionalmente, cun máximo dun 10% na nota final sempre e cando esta presencia sexa igual ou maior ó 90%. 10
Solución de problemas Durante a semán entregarán-se cuestións prácticas ó alumnado para que traballen na súa resolución. As cuestións resoltas deberán ser entregadas ó profesor antes da clase de resolución das mesmas. A entrega de traballos resoltos computará, proporcionalmente, ate un máximo de 20% da nota final. 20
Traballos tutelados Durante o curso ó alumnado elaborará e presentará oralmente un pequeno traballo en equipos reducidos. Avaliarase a claridade de contidos, a presentación e redacción da memoria presentada. Do mesmo xeito, avaliarase a claridade na exposición oral do mesmo e o grao de aprendizaxe dos conceptos presentados no curso. A elaboración deste proxecto é de carácter obrigatorio, non sendo posible supera-la materia sen a eleboración e presentación do mesmo dentro dos plazos fixados no seu momento. 20
Proba mixta Realizarase unha proba mixta escrita de toda a materia. que contemplará cuestións teóricas e prácticas. Esta proba ten carácter obrigatorio, sendo puntuada de 1 a 10 puntos, proporcionalmente. Para computar na nota final será preciso ter alomenos catro puntos na mesma. 50
 
Observacións avaliación

A proba mixta estará composta de dúas partes: Unha teórica e outra práctica que abranguerá a materia teórica e a resolución de problemas tratados durante o curso. O peso das partes na nota final será dun 15% para a parte teórica e un 35% para a de resolución de problemas. A nota desta proba sumarase á cualificación dos traballos tutelados obtida no curso. Para supera-la materia será preciso obter, tanto na proba mixta como no resto de actividades avaliables, unha nota non inferior a 4 e acadar, sumadas as cualificacións de tódalas actividades, unha nota mínima de 5. Para que se teña en conta as calificacións nas distintas actividades suxeitas a avaliación é preciso obte-la calificación mínima indicada anteriormente para cada unha delas. De non acadarse dita puntuación mínima nalgunha delas, a materia figurará como suspensa (4,5). Para obte-la cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en máis dun 20 % das actividades avaliables programadas. 

As calificaciones dos seminarios e traballos tutelados conservaránse na segunda oportunidade, namentres que a cualificación da proba mixta da segunda oportunidade sustituirá á obtida na primeira oportunidade. Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se teñen cuberto na súa totalidade na primeira oportunidade.

Nos sucesivos cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico, e polo tanto voltaría a comenzar cun novo curso , incluidas tódalas actividades e procedementos de avaliación que fosen programados para dito curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes