Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Traballo de fin de Grao
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) Avaliación continuada por parte do titor/a 50
Presentación oral Presentación do traballo perante un tribunal designado ao efecto e defensa do traballo realizado ante o mesmo. 20
Resumo Valorarase a calidade da memoria presentada, prestando especial atención á súa estructura de documento científico. 30
 
Observacións avaliación

A matrícula da dereito ao alumno a presentarse, exclusivamente, as dúas oportunidades fixadas en cada curso académico, de conformidade co previsto na normativa académica da UDC. 

A calificación final do Traballo de Fin de Grao é competencia do Tribunal do Traballo de Fin de Grao, e se outorgará tendo en conta os informes do titor académico (e de empresa no seu caso) e a valoración da memoria e defensa do TFG por parte do alumno que faga o tribunal avaliador.

Respecto á calificación, recoméndase seguir o criterio da Comisión de Seguimento do Grao en Química:

“Unha vez realizada a exposición do/a estudante, o tribunal deliberará sobre a cualificación que lle corresponde, tendo en conta, cun peso do 50 % sobre o global da cualificación, o informe emitido polo titor. Aplicarase o disposto na memoria de verificación do título. Os criterios faranse públicos antes das defensas dos TFG.

Para a cualificación final establecerase a media aritmética das cualificacións asignadas ao TFG por cada un dos membros do tribunal.

A cualificación outorgarase en función da seguinte escala numérica establecida no R.D. 1125/2003,[1] de 0 a 10, con expresión dun decimal, a que terá que engadírselle a correspondente cualificación cualitativa:

a) 0-4,9 (suspenso)

b) 5,0-6,9 (aprobado)

c) 7,0-8,9 (notable)

d) 9,0-10 (sobresaínte)

Poderá acceder á mención de matrícula de honra o estudantado que obtiver unha cualificación igual ou superior a 9,0 puntos, segundo o criterio do tribunal avaliador.

No caso de o/a estudante obter a cualificación de suspenso, o tribunal faralle chegar un informe coas recomendacións oportunas para a mellora do traballo e a súa posterior avaliación. Enviaráselle(s) copia deste informe á(s) persoa(s) que dirixiron o TFG.

A revisión e/ou reclamación das cualificacións finais dos TFG levaranse a cabo de conformidade co previsto na normativa da UDC.

No suposto de que o alumno non supere o TFG na convocatoria anual, deberá matricularse de novo do TFG, pero non será precisa unha nova adxudicación, sempre que exista acordó entre titor e estudante, e así o solicite o estudante.”

A relación de documentos a presentar por parte dos alumnos/as é:

i) Solicitude de defensa e avaliación do TFG

ii) Memoria do TFG en papel, por triplicado, dacordo coas normas de presentación establecidas.

iii) Unha copia do TFG en soporte dixital, dacordo coas normas de presentación establecidas.

A documentación a presentar por parte do titor é:

i) Informe de avaliación e autorización do titor académico.

ii) Título do traballo en galego, castelán e inglés.

iii) Se houbo cotitorización, nome do/a  titor/a.

No acto de defensa, non antes, o tribunal disporá do informe de avaliación e autorización para presentar o TFG do titor académico, así como da información académica do alumno.

 [1] Real decreto 1125/2003, de 5 de setembro, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional (BOE n.º 224, de 18 de setembro de 2003).

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes