Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Estatística
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba de resposta breve Cuestionario para evaluar a parte de PROBABILIDADE 40
Proba obxectiva Cuestionario para evaluar a parte de ESTADÍSTICA DESCRIPTIVA e INFERENCIA ESTATISTICA 60
 
Observacións avaliación

Durante o curso realizarase una proba para avaliar os coñecementos da parte
de PROBABILIDADE (que representa o 40% da nota final). Dita proba é
eliminatoria, de modo que o alumno que a supere terá aprobado este bloque de
cara aos exames finais de maio/xullo.

O outro bloque da materia (Estatística Descriptiva-Inferencia Estatística),
que representa o 60% da nota final, deberá ser superado nalgún dos exames
oficiais das convocatorias de maio ou xullo. Así pois, todos os alumnos deberán
presentarse a lo menos a un exame final, con toda a materia (de non teren
aprobada a parte de Probabilidade na proba eliminatoria) ou con parte dela (a
parte de Estadística Descriptiva e Inferencia Estadística).

Os dous bloques (Probabilidade e 
Estatística Descriptiva-Inferencia Estatística) son independentes, de
forma que o feito de superar un deles non afecta á nota do outro. Para aprobar
a asignatura é necesario ter aprobada por separado cada unha das dúas partes
das que consta a materia.

Para obter a cualificación de NON PRESENTADO en maio, os alumnos non se
poderán ter presentado á proba parcial eliminatoria. Para obter a cualificación
de NON PRESENTADO en xullo, os alumnos non se poderán ter presentado ó exame
final desa convocatoria.

Adicionalmente valorarase a asistencia e participación nos seminarios,
titorías, clases prácticas, etc. podendo aumentar ata un punto o valor da cualificación
final.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes