Grao en Bioloxía |
Asignaturas |
Xenética |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2013/14 | |||||||||||||
Asignatura | Xenética | Código | 610G02019 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | C.- Na proba mixta valorarase o dominio e comprensión de conceptos teóricos, claridade expositiva, capacidade de relacionar e integrar a información xenética tratada nas clases de teoría e seminarios, e capacidade de resolver cuestións e problemas. | 60 |
Prácticas de laboratorio | B.- O coñecemento e comprensión sobre o significado das tarefas realizadas e a interpretación dos resultados obtidos hanse valorar mediante un test pre-prácticas (valor 5 puntos) e unha proba escrita (valor 10 puntos). PARA SUPERAR A MATERIA É OBRIGATORIO ASISTIR ÁS PRÁCTICAS E APROBAR O EXAME CORRESPONDENTE. | 15 |
Traballos tutelados | A.- Valorarase o grao de comprensión do tema tratado, a capacidade de análise e síntese, a bibliografía consultada e a claridade da exposición ou redacción. No caso de boletíns de cuestións e problemas valorarase a capacidade de razoamento e de achegar solucións. Non será indispensable aprobar os traballos tutelados para aprobar o conxunto da materia. | 25 |
Observacións avaliación | ||
Para aprobar a materia será necesario alcanzar o 50% da puntuación correspondente ao apartado B e o 50% da puntuación correspondente ao apartado C. A cualificación do apartado B igual ou superior ao 50% obtida nun curso académico gardarase para as convocatorias dos dous cursos académicos seguintes. Considerarase NON PRESENTADO cando o alumno non realice NINGUNHA das actividades avaliables. No caso de que un alumno aprobe a proba mixta e os traballos tutelados (ambalas duas partes coa nota máxima: 6 e 2.5, respectivamente) pero suspenda as prácticas, a nota final será de 4.5 (non aprobará a materia). |
|