Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Biodiversidade animal e medio ambiente
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Seminario Avaliarase a participación nos debates e os exames curtos que se realizarán ao final de cada debate.
Os alumnos que non asistan aos seminarios e, polo tanto, non estean presentes nas sesións de discusión nin realicen os exames curtos, obterán unha cualificación de 0 puntos na actividade realizada ese día.
A nota obtida computará como un 20% da nota final.
A nota obtida nos seminarios manterase invariable para o cómputo da nota final, no caso dos alumnos que teñan que acudir á segunda oportunidade (xullo).
20
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio son de carácter obrigatorio. Nalgunhas sesións e, previo aviso do profesor, poderá pedirse aos alumnos que entreguen un resumo dos datos e conclusións obtidos ao longo da práctica.
Estas prácticas avaliaranse en base ao traballo realizado polo alumno e, de selo caso, aos resumos achegados. Computarán como o 5% da nota final.
A nota obtida nas prácticas de laboratorio manterase invariable para o cómputo da nota final, no caso dos alumnos que teñan que acudir á segunda oportunidade (xullo).
5
Saídas de campo As saídas ao campo son de carácter obrigatorio. Nalgunha saída e, previo aviso do profesor, poderá pedirse aos alumnos que entreguen un resumo dos datos e conclusións obtidos ao longo da mesma.
Estas prácticas avaliaranse en base ao traballo realizado polo alumno e, de selo caso, aos resumos achegados. Computarán como o 3% da nota final.
A nota obtida nas prácticas de campo manterase invariable para o cómputo da nota final, no caso dos alumnos que teñan que acudir á segunda oportunidade (xullo).
3
Proba obxectiva Realizarase un exame escrito sobre o contido abordado nas sesión maxistrais.
A proba obxectiva computará como o 60% da nota final, se ben será preciso obter un mínimo de 4 puntos sobre 10 (2,4 sobre 6) nesta proba para aprobar a materia.
60
Proba de discriminación Recoñecemento de taxóns: Realizarase un exame “de visu” no cal os alumnos terán que recoñecer por imaxes os taxóns que se lle presenten, escollidos de entre a listaxe de taxóns entregada a principios de curso.
Esta proba realizarase conxuntamente coa proba obxectiva, na data oficialmente establecida. A nota obtida nesta proba só será valida para a primeira oportunidade.
Na segunda oportunidade (xullo), o exame “de visu” (de características similares ao da primeira), realizarase tamén conxuntamente coa proba obxectiva, na data oficialmente establecida.
En ambas oportunidades o exame “de visu” computará como o 12% da nota final.
12
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia terá en conta o coñecemento do programa teórico, as actividades prácticas realizadas no laboratorio e as saídas ao campo, o recoñecemento dos taxóns máis importantes da biodiversidade animal galega e ibérica (exame “de visu”), así como os debates e os exames curtos realizados nos seminarios.
Para aprobar a materia haberá que cumprir cos criterios de avaliación estipulados e obter unha puntuación mínima de 5,0 puntos.
Para as cualificacións finais de ambas oportunidades, serán considerados como “Non presentados” aqueles alumnos que non comparezan nas probas obxectivas nas datas oficiais sinaladas.

Serán consdierados como “Suspensos” os alumnos presentados que non acaden a puntuación global de 5,0 puntos ou non cheguen a 4,0 puntos sobre 10 na proba obxectiva (independentemente da nota obtida nos seminarios, nas prácticas e no exame “de visu”).

Se, por razóns debidamente xustificadas, de acordo coa normativa vixente, un alumno se vira imposibilitado para asistir a algunha sesión de prácticas e/ou de seminarios, deberá (no caso das prácticas) ou poderá (no caso dos seminarios) facer fronte a probas específicas ou actividades alternativas que se engadirán á “proba obxectiva”. A nota acadada nesas probas específicas ou actividades alternativas adicionaráse á xa obtida nas prácticas e seminarios nos que participou.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes