Seminario |
-A desenvolver nas horas de teoría en grupos reducidos de alumnos, nos que se poderá incidir sobre os aspectos máis relevantes tratados previamente nas sesións maxistrais, ou ben conceptos complementarios.
-Así mesmo, no contexto destes seminarios, poderanse levar a cabo conxuntamente debates que poden traducirse en discusión/exames desenvoltos por cada grupo reducido de alumnos, que SERÁN CONSIDERADOS COMO PARTE DA AVALIACIÓN INDIVIDUAL. Terase en conta a participación nos debates dos diversos alumnos que conforman o grupo.
-Un terceiro aspecto que podería ou non desenvolverse nestes seminarios (segundo a dispoñibilidade de tempo) sería a presentación/exposición de traballos realizados por grupos de alumnos (dando lugar a 2 grupos de traballo en cada grupo reducido de 10 alumnos), e que se describen no apartado Traballos tutelados, sendo tamén CONSIDERADOS COMO PARTE DA AVALIACIÓN.
|
Traballos tutelados |
Elaboración de traballos en grupos de 3-4 alumnos, supervisados e dinamizados polo profesor, sobre aspectos do programa ou relacionados co mesmo. Destácase o CARÁCTER OBRIGATORIO.
O traballo será escollido dun listado de temas ofrecido polo profesor, terá unha extensión non superior a 10 páxinas, e deberá ser entregado ao profesor o mesmo que unha presentación gráfica do traballo. A data de entrega será aquela na que se aborde a temática do traballo dentro do bloque temático do programa teórico da materia, nas horas de docencia expositiva. A elaboración previa requirirá debate entre os integrantes do G.T. e o profesor, delimitando e orientando o traballo obxecto de atención. |
Prácticas de laboratorio |
Prácticas de laboratorio de CARÁCTER OBRIGATORIO en sesións de 4 horas, desenvolvendo unhas 6-7 prácticas (1 ou 2 por sesión).
Requiren do manexo de organismos ou ben deseño virtual, para o estudo de diferentes funcións abordadas no programa teórico. |
Proba obxectiva |
Realización dun exame final ao remate do cuadrimestre. Esta proba estará centrada na materia impartida nas sesións maxistrais e aqueles aspectos debatidos nos seminarios. |