Seminario |
-A desenvolver nas horas de teoría en grupos reducidos de alumnos, nos que se poderá incidir sobre os aspectos máis relevantes tratados previamente nas sesións maxistrais, ou ben conceptos complementarios.
-Asimesmo, no contexto destes seminarios, poderanse levar a cabo conxuntamente debates, exercicios escritos e actividades relacionadas coa materia da asignatura, tendo en conta a participación dos diversos alumnos que conforman o grupo. Os resultados SERÁN CONSIDERADOS COMO PARTE DA AVALIACIÓN INDIVIDUAL.
-Un terceiro aspecto que podería ou non desenvolverse nestes seminarios (segundo a dispoñibilidade de tempo) será a presentación/exposición de traballos realizados por grupos de 3-4 alumnos -dando lugar a 3 grupos de traballo en cada grupo reducido de 10 alumnos-, e que se describen no apartado "Traballos tutelados", sendo CONSIDERADOS COMO PARTE DA AVALIACIÓN.
|
Traballos tutelados |
Elaboración de traballos en grupos de 3-4 alumnos, supervisados e dinamizados polo profesor, sobre aspectos do programa ou relacionados co mesmo. Destácase o seu CARÁCTER OBRIGATORIO.
O traballo será escollido dun listado de temas ofrecido polo profesor, terá unha extensión non superior a 10 páxinas, e deberá ser entregado ao profesor, así como unha presentación gráfica do traballo. A data de entrega será aquela na que se aborde a temática do traballo dentro do bloque temático do programa teórico da materia, nas horas de docencia expositiva. A elaboración previa requirirá debate entre os integrantes do G.T. e o profesor, delimitando e orientando o traballo obxecto de atención. Segundo a disponibilidade de tempo, poderían ser finalmente presentados por grupos de alumnos nunha das sesións de seminario, participando todos os alumnos do grupo na exposición. |
Prácticas de laboratorio |
Prácticas de laboratorio de CARÁCTER OBRIGATORIO en sesións de 4 horas, desenvolvendo unhas 6-7 prácticas (1 ou 2 por sesión).
Requiren do manexo de organismos ou ben deseño virtual, para o estudo de diferentes funcións abordadas no programa teórico. |
Proba obxectiva |
Realización dun exame final ao remate do cuadrimestre. Esta proba estará centrada na materia impartida nas sesións maxistrais e aqueles aspectos debatidos nos seminarios, excluíndo o abordado no contexto dos traballos tutelados, que serán expostos exclusivamente nos seminarios. |