Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Fisioloxía Animal: Fisioloxía Animal II
   Avaliación
Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Destácase o SEU CARÁCTER OBRIGATORIO. Consistirá na elaboración dun texto e presentación gráfica por cada grupo de traballo, que serán oportunamente entregados ao profesor.
No suposto de que foran expostos nunha sesión de Seminario, dita exposición será avaliada como parte do propio traballo.
Traballos realizados en cursos previos no caso dos alumnos repetidores, gárdase a cualificación por 1 ano.
10
Prácticas de laboratorio OBRIGATORIAS nesta materia de carácter experimental, serán avaliadas en base ao traballo realizado no laboratorio ao longo das mesmas, así como a traveso da cualificación do caderno de prácticas que aparece baixo o epígrafe "Portafolios do alumno", avaliándose conxuntamente.
Prácticas realizadas en cursos previos no caso de alumnos repetidores, gárdase a cualificación por 3 anos.
2
Proba obxectiva Haberá un exame final da materia ao remate do cuadrimestre. A proba, con preguntas curtas, estará centrada na materia abordada nas sesións maxistrais e aqueles aspectos que pola súa relevancia foron debatidos novamente e desenvoltos no contexto dos seminarios.
Computará como o 60% na nota final (máximo 6 puntos sobre 10, se ben É PRECISO OBTER UN MÍNIMO de 4.5 puntos sobre 10 para aprobar a materia).
60
Seminario Debates, exercicios escritos e actividades relacionadas coa materia da asignatura, desenvoltos por cada grupo reducido de alumnos e que serán CONSIDERADOS COMO PARTE da AVALIACIÓN INDIVIDUAL en función da participación/aportación/exercicios escritos de cada alumno. O ALUMNO AUSENTE nestas actividades terá unha cualificación de 0 puntos na actividade desenvolta nesa xornada. 10
Portafolios do alumno Deberá ser presentado con CARÁCTER OBRIGATORIO e individualmente por todos os alumnos de cada grupo de prácticas, dentro das 3 semanas seguintes ao remate das mesmas.
No caso dos monitores, que non terán que presentar caderno de prácticas, a avaliación estará baseada conxuntamente no traballo realizado no laboratorio ao longo das sesións de prácticas dos diferentes grupos, computando así conxuntamente até un total de 2+18= 20%.
18
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia terá en conta o coñecemento do programa
teórico, as actividades prácticas de laboratorio realizadas e os traballos
tutelados en grupo. Valoraranse os coñecementos adquiridos, a comprensión e
capacidade de síntese, a claridade expositiva e as habilidades adquiridas.

-Na primeira oportunidade de avaliación terán carácter de
NON PRESENTADO aqueles alumnos que non concorran á "proba obxectiva",
tendo ou non realizado previamente as “prácticas de laboratorio” e presentado o
caderno de prácticas ("portafolios do alumno"), e/ou participaran nos
debates desenvoltos nos "seminarios" e/ou desenvolveran "traballos
tutelados".

-Terán carácter de SUSPENSO aqueles alumnos que téndose presentado
á "proba obxectiva", non acadaran na mesma a cualificación mínima
mencionada no apartado “Avaliación”, aínda que tiveran realizado previamente
calquera das outra actividades como son as "prácticas de laboratorio"
e/ou participaran nos "seminarios" e/ou desenvolveran "traballos
tutelados".

-Os alumnos que concorrendo a unha segunda oportunidade de
avaliación
; non tiveran realizado as "prácticas de laboratorio"
e/ou non tiveran presentado o caderno de prácticas ("portafolios do
alumno"), terán que facer fronte a preguntas relativas ás mesmas como
parte da "proba obxectiva", debendo obter nestas preguntas unha
cualificación mínima de 5.0. De non ter realizado previamente un "traballo
tutelado" en grupo, terán que debater previamente co profesor a necesidade
de realizar un traballo de carácter individual, ou ben facer fronte así mesmo
na avaliación a unha pregunta do temario con carácter de tema extenso.

Terán carácter de NON PRESENTADO aqueles alumnos que non concorran
á "proba obxectiva", tendo ou non realizado previamente as “prácticas
de laboratorio” e/ou tiveran presentado ou non o caderno de prácticas
("portafolios do alumno"), participaran ou non nos debates
desenvoltos nos “seminarios” e/ou realizaran ou non previamente un
"traballo tutelado".

Serán cualificados con
SUSPENSO aqueles alumnos que téndose presentado á "proba obxectiva",
non acadaran na mesma a cualificación mínima mencionada no apartado
“Avaliación”, aínda que tiveran realizado previamente calquera das outra
actividades como son as "prácticas de laboratorio" e/ou participaran
nos "seminarios" e/ou "traballos tutelados".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes