Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | A A |  
Grao en Bioloxía
 Asignaturas
  Paleobioloxía
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Comprende a lectura de capítulos de libros de texto e traballos orixinais de investigación científica. Os profesores extenderánse durante as clases nos aspectos non cubertos por elas. As clases teóricas están constituidas polas leituras e as explicacións en clase. As leituras deberán estar feitas sempre antes das clases para as que están programadas
Obradoiro Tanto as leituras como as explicacións impartidas polos profesores se discutirán durante as clases (lembrade que as leituras deben ser feitas con anterioridade). De xeito periódico entregaránse cuestionarios sobre as leituras e os contidos extra desenvolvidos na clase. Tanto os cuestionarios como a participación nas clases contarán no cálculo da nota final. As presentacións presentadas polos profesores durante as clases estarán dispoñíbeis a traves da plataforma Moodle
Estudo de casos Os profesores elexirán un tema de debate actual no eido da Paleontoloxía e os estudantes farán unha revisión nas bases de datos de casos tipo que ilustren o debate. Cada estudante escollerá un dos casos tipo e fará un berve resumo escrito e unha crítica sobre él. Faránse tutorías persoalizadas de xeito periódico antes da presentación oral do traballo. A asistencia as clases de estudo de casos (clases de grupo reducido) é obrigatoria
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio comprenderán o recoñecemento dos principais grupos de fósiles, tanto na súa morfoloxía xeral coma na súa sistemática. Os alumnos tomarán nota das súas observacións en libreta de prácticas e cubrirán os cuestionarios facilitados polo profesor. A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria

Saídas de campo A saída terá unha duración aproximada de 9 horas, aínda que a duración total estimada é dun día debido á distancia á que se atopan as localidades a visitar. Se inspeccionarán algúns xacementos con fósiles do Silúrico e Devónico nas inmediacións de La Barosa e Salas de la Ribera (León)
Proba obxectiva A calificación da asignatura ten por base un sistema de avaliación continuada e, polo tanto, NON É PRECISA a realización do exame final para aqueles alumnos que rematen con éxito a devandita avaliación continuada. Os alumnos que suspendan algunha das partes ou a totalidade da asignatura sí terán que presentarse ao exame final de aquelas partes que suspenderan
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes