Seminario |
Traballo en grupo, centrado principalmente na análise e discusión a partir de lecturas que serán marcadas e facilitadas pola profesora. O alumnado deberá participar activamente nestas sesións. |
20 |
Taller |
Avaliación das actividades de diferente tipoloxía referidas na metodoloxía. |
20 |
Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Así mesmo, no traballo tutelado deberá obter como mínimo 4 puntos sobre 10, para poder sumar os restantes elementos avaliables. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades solicitados no prazo fixado. As persoas matriculadas a tempo parcial e que solicitaren e obtiveren dispensa académica deberán pórse en contacto coa profesora para fixar os traballos que deberán entregar. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o alumno/a non realizar o traballo tutelado e/ou cando tiver entregado un número das actividades contempladas inferior ao 50%. As persoas que non superaren a materia deberán entregar, nas datas marcadas pola Facultade de Filoloxía para a segunda oportunidade, os traballos que foren solicitados pola profesora.
|